Novas de interese

Comezo das clases

O luns día 11 de setembro comezan as clases en educación primaria. O horario lectivo durante este mes de setembro será de 9:50 a 14:30 horas. Coma sempre, a saída dos autobuses terá lugar ás 15 horas.

No caso do alumnado da ESO o comezo das clases será o venres 15 de setembro. O horario será o mesmo que en primaria durante todo o mes de setembro.

Bo curso a tod@s!!

Festival Fin de Curso

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

excursion a guimaraes

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

búscanse valentes!

Última hora!!

Este traballo feito polo alumnado de 1º e 3º da ESO do CPI Tino Grandío resultou premiado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia(FAXPG) dentro do Concurso Escolar de cancións para o día da LSE. Noraboa a tod@s.

Que o desfrutedes!

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Probas de avaliación individualizada de 3º de primaria

CAL É A SÚA FINALIDADE?

A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?

 -Competencia en comunicación lingüística

-Competencia matemática.

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?

Estarán constituídas por:

-Cadernos  de alumnado para cada unha das competencias

-Cuestionarios  de contexto para o alumnado e as súas familias

Feira do libro

Estase a celebrar unha nova edición da Feira do Libro no CPI Tino Grandío. Os fondos recadados serán destinados á excursión a Cantabria, os días 19, 20 e 21 de xuño.

 

Recital de poemas de Rosalía de Castro

No Tino Grandío continuamos coa celebración das nosas letras. Nesta ocasión, o alumnado de ESO ofreceunos un fermoso recitado con versos da nosa poeta máis universal: Rosalía de Castro. Grazas a tod@s.

Distribuir contido