Novas de interese

selo de calidade etwinning

O  CPI Tino Grandío ven de recibir o selo de calidade polo proxecto eTwinning que fixeron o curso pasado os alumnos de 3º e 4º de ESO da sección bilingüe. Noraboa a tod@s @s que o fixeron posible!

Recrexogos no Tino Grandío

Neste curso 2017/2018 poñemos en marcha o que chamamos Recrexogos. Trátase de organiza-los recreos dos nenos e nenas de primaria ofrecéndolles propostas de xogos alternativos. Deste xeito, organízanse catro espazos con propostas diferentes polos que irán rotando cada un dos cursos de primaria. 

Días non lectivos

O claustro de profesores do CPI Tino Grandío, facendo uso da facultade concedida pola Consellería de Educación, escolleu como días non lectivos o 13 de outubro e o 18 de maio.

Axudas

Extracto da Resolución de 3 de agosto de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2017-2018

Enlace ás bases

Distribuir contido