Novas de interese

Visita cultural á cidade das murallas

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a exposición de instrumentos musicais antigos, e despois acudiu á representación da obra de teatro: De los cuentos a las cuentas 

Educación Vial

Esta semana tivemos a sorte de contar coa colaboración de dúas monitoras de educación vial que lles presentaron ao alumnado de 1º e 2º de Educación  Primaria a Latexo, que é un corazón de peluche que quere ensinarlles aos máis pequenos cómo deben camiñar polas estradas do rural. Trátase dunha actividade que vai ter continuidade ó longo de todo o curso con novos talleres.

O samaín xa está aquí...!!!

Na semana do 29 ao 31 de outubro imos preparar, coa axuda das familias, unha exposición de cabazas decoradas para celebra-lo samaín. Non esquezades traer a vosa!

Datas das reunións coas familias

Como tódolos anos no Tino Grandío, van ter lugar as reunións coas familias de todo o alumnado. Para que non se vos esquezan, velaí as datas:

 

English Week

O CPI Tino Grandío ven de ser  seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2018/2019. Nesta quenda tócalle ao alumnado de 1º da ESO, entre o 28 de outubro e o 3 de novembro.

Este programa consiste nunha serie de actividades de formación que se desenvolverán nun centro residencial situado en Galicia, en réxime de internado onde se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados de cara á mellora da comunicación oral, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa. O programa das actividades procurará, por unha banda, a inmersión en lingua inglesa do alumnado, de xeito que lle permita desenvolver nun contorno real a súa comunicación, e, por outra, complementar esta formación con actividades de carácter cultural.

Neste enlace tedes máis info

Benvid@s!!

Hoxe comeza no Tino Grandío un novo curso para o alumnado de Educación Infantil e Primaria. O vindeiro luns 17 será o momento do alumnado da ESO.

O equipo docente do centro ten o firme propósito de seguir construindo espazos educativos de encontro, respecto, agarimo, comprensión, aprendizaxe..., espazos onde o alumnado poida medrar como persoas cada día e tódolos días. Ese é o noso  compromiso, un curso máis. 

Benvid@s!!!

Distribuir contido