Novas de interese

Comezamos o curso dun xeito amable!!

Hoxe comezamos o curso 2019/2020 no Tino Grandío. E quixemos facelo dun xeito especial. Daquela, comezamos coa presentación de tódolos cursos como se fosemos equipos deportivos. Despois, puxemos en práctica unha coreografía moi movida. E para rematar, compuxemos un mural coas mans de todos e todas. 

Teatro e Obradoiro

O alumnado de 5º e 6º do Tino Grandío tivo unha mañá chea de actividade. Primeiro, asistiron a unha obra de tetatro en inglés, e posteriormente, participaron nun obradoiro de construcción de instrumentos musicais. En concreto, fabricaron un asubío cunha avelá.

Distribuir contido