Comezamos o curso dun xeito amable!!

Hoxe comezamos o curso 2019/2020 no Tino Grandío. E quixemos facelo dun xeito especial. Daquela, comezamos coa presentación de tódolos cursos como se fosemos equipos deportivos. Despois, puxemos en práctica unha coreografía moi movida. E para rematar, compuxemos un mural coas mans de todos e todas.