Novas de interese

Colaboración con ACNUR

O pasado curso 2016/2017 o CPI Tino Grandío fixo unha campaña de axuda aos refuxiados en colaboración con ACNUR. Entre estas actividades levouse a cabo unha recollida de fondos a través dun mercadillo solidario. Estes días recibimos o diploma que acredita esta campaña. Noraboa aos alumn@s impulsores deste proxecto: Xoán, María, Patricia, Diego, Yanira, Syra, Yasmine, Óscar, Lucía, Andrés e Nerea, xunto coas súas familias e, por suposto, a tod@s os que colaboraron coas súas aportacións.

 Agardamos que esta pequena axuda sirva para mellora-la vida dos que máis sofren.

 

Titorías entre iguais

Un ano máis o CPI Tino Grandío puxo en marcha, un curso máis, o programa de titorías entre iguais. Estes días os titores recibiron os seus dipomas e carnets. Ademais estes alumn@s que agora desempeñan o papel de titores foron á súa vez titorados no seu momento, polo que, dalgunha maneira, se pecha o círculo. Noraboa a tod@s e bo traballo.

Se queres saber máis preme aqui

 

O trastorno de hiperactividade

Interesante artigo no xornal: La Voz de Galicia 

Enlace

Espectáculo científico

O xoves 17 de novembro alumn@s da ESO do noso centro participaron no espectáculo científico : "As matemáticas".  Tratouse dunha sesión de vídeo streaming (retransmisión simultánea online)

 

Portas máxicas

No CPI Tino Grandío, as portas das aulas non só son unha oportunidade para entrar nun mundo de aprendizaxe. Tamén son o mellor camiño para comezar unha viaxe chea de aventuras. 

Sí, si...!!!!

                   

Información da ANPA sobre as "reválidas"

Na entrada do centro, pola porta de primaria, á dereita segundo se entra, hai un taboleiro de anuncios da ANPA onde está o modelo para a recollida de firmas a disposición de todos aqueles que queiran mostrar o seu apoio.

Distribuir contido