Colaboración con ACNUR

O pasado curso 2016/2017 o CPI Tino Grandío fixo unha campaña de axuda aos refuxiados en colaboración con ACNUR. Entre estas actividades levouse a cabo unha recollida de fondos a través dun mercadillo solidario. Estes días recibimos o diploma que acredita esta campaña. Noraboa aos alumn@s impulsores deste proxecto: Xoán, María, Patricia, Diego, Yanira, Syra, Yasmine, Óscar, Lucía, Andrés e Nerea, xunto coas súas familias e, por suposto, a tod@s os que colaboraron coas súas aportacións.

 Agardamos que esta pequena axuda sirva para mellora-la vida dos que máis sofren.