Novas de interese

Xa está ben!

O Consello Xeral do Poder Xudicial e mailo Observatorio veñen de editar un decálogo contra a violencia sobre a muller, que nos parece de moito interese para todos e todas. Deixamos o enlace de seguido:

Xa está ben!

NOTA: Na parte inferior da páxina do enlace está a publicación da campaña.

Documentación matrícula

Para a matriculación do alumnado é necesario unha documentación, que deixamos aquí para o seu coñecemento polas persoas que poidan estar interesadas.

Acceso a toda a documentación

Ademais da solicitude e as  autorizacións  será necesario aportar:

-Fotocopias dos DNI dos pais ou titor  do alumno

-Cartilla sanitaria

-Libro de familia

-Sentenza de separación, se é o caso

Navega con Rumbo

O vindeiro 27 de abril terá lugar no noso centro, un ano máis, un taller do programa Navega con Rumbo. Trátase dun traballo no que se intenta concienciar ó alumnado para que fagan un uso asisado de internet. A charla está dirixida a nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

Máis info en: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/

Visita á Casa Museo de Manuel María

O xoves 5 de maio, en horario escolar, visitaremos a Casa Museo de Manuel María, escritor chairego ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Co gallo deste acontecemento, traballaremos previamente sobre a vida e obra deste egrexio autor galego. 

A esta visita acudirán nenos e nenas de 6º de Primaria, do Clube de Lectura de Primaria e da ESO, e todo o alumnado de 4º da ESO.

Día Internacional do Libro Infantil

O día 2 de abril conmemórase en todo o mundo o nacemento de Hans Christian Andersen coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil.


Día Mundial de Concienciación do Autismo

O 2 de abril celébrase o Día mundial de Concienciación do Autismo co lema: Inclusión, Tolerancia e Respecto. Dende o noso centro, queremos manifesta-lo total apoio e estas iniciativas, ó tempo que queremos convidar a todo o mundo a participar nas acción que se van desenvolver con motivo deste acontecemento.

Para máis información, podedes visita-la páxina web da Asociación Raiolas, en Lugo, que ven desenvolvendo un traballlo que convén saliantar neste eido. Velaí o enlace á súa páxina, onde podedes obter unha valiosa información:

www.raiolas.org

Tamén vos deixamos o acceso a unha información da Consellería de Educación ao respecto do autismo, tamén moi interesante:

Máis información

Quérote +, Coñecéndonos

Trátase duns talleres que van te lugar no noso centro, orientadas aos alumn@s de 3º da ESO. Trátase de tres sesións cos seguintes títulos:

1ª. Convivencia, valor da Diversidade, que se celebrará o martes 5 de abril

2ª. Imaxe Corporal e Autoestima, o 7 de abril

3ª. Afectividade e sexualidade, o 12 de abril                    

 

Novo nº de teléfono

O novo número de teléfono para contactar co centro é: 982870363

Distribuir contido