Documentación matrícula

Para a matriculación do alumnado é necesario unha documentación, que deixamos aquí para o seu coñecemento polas persoas que poidan estar interesadas.

Acceso a toda a documentación

Ademais da solicitude e as  autorizacións  será necesario aportar:

-Fotocopias dos DNI dos pais ou titor  do alumno

-Cartilla sanitaria

-Libro de familia

-Sentenza de separación, se é o caso

-Dúas fotos

Lembrar que na solicitude é importante anotar o correo electrónico e tódolos teléfonos de contacto para unha pronta localización. Grazas

A comezos do curso escolar hai que solicitar tódolos anos o comedor, para iso hai que encher unha solicitude e achegar a renda do ano.