Ed.Infantil

Visita da Galiña Azul ao noso centro

Esta semana contamos coa visita do alumnado de 3º Ed.Infantil da Galiña Azul ao noso centro, onde estiveron co alumnado de 5º e 6º de Ed.Infantil, recibíndoos e actuando para eles nunhas xornadas de convivencia no que para moitos será o seu centro o curso que ven. Benvidos!!

Concurso de reciclaxe en Ed.Infantil

O alumnado de Ed.Infantil puxo de manifesto todo o que aprenderon este curso sobre a reciclaxe nun concurso adaptado para eles, onde tiñan que clasificar o lixo entre orgánico, envases e papel, depositando unha mostra de lixo no contedor axeitado. Todos acertaron e tiveron premio!!

Sesión de Primeiros Auxilios co alumnado de Ed.Infantil

O alumnado de 5º de Ed.Infantil disfrutou dunha sesión formativa sobre os Primeiros Auxilios coa colaboración das familias, cunha parte práctica moi divertida!!

Finalmente sumouse tamén o aulario que comparte planta.

Moitas grazas pola colaboración!!

Día da Árbore

Hoxe celebramos o Día da árbore e o inicio da primavera co alumnado de Ed.Infantil. Plantamos unha maceira, que será a árbore desta promoción, e plantamos flores recicladas, xa que o tema do centro este ano é a reciclaxe.

 

Día da árbore no CPI de Cova Terreña

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930