1ºEd.Primaria
English 1st
Good morning:
Seguimos traballando :
HOUSE:
Activity Book, páx. 29 . Observamos e facemos un Picture Dictionary: título escrito en grande con cores máis debuxos e palabras. Xa sabedes facer un diccionario de imaxes.
A continuación facemos a propia páxina 29 ademáis da 30 e 31.
Ánimo e unha aperta.
Traballo do 11 ao 25 de abril
Boas tardes,
As tarefas dos libros de texto que o alumnado debe realizar ata o 25 de maio son:
Lengua+
Lectoescritura: FICHA 31 (Páxinas 61 y 62)
Escritura: TAREA 12 (Páxina 23, 24), TAREA 13 (Páxina 25, 26 ), TAREA 14 (Páxina 27, 28)
Comprensión lectora: TAREA 26 ( Páxinas 67, 68, 69, 70)
Exercicios de ampliación (voluntario):
- Fichas del apartado del libro de Lengua+ “Juegos de lengua”. Realiza todas as que che apetezcan
- Libro dixital: Accede ao banco de recursos do libro dixital e realiza diferentes actividades interactivas.
Cadernillo de lingua: Páxinas 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40 y 41.
Voluntario: Remata de ler o último capítulo do libro “A tartaruga Amodovou”.
Mate+:
Numeración: FICHA 26 (Páxinas 51 e 52), FICHA 27(páxinas 53 e 54) e FICHA 28 (páxinas 55 e 56)
Cálculo: FICHA 24 (páxinas 47 e 48)
Resolución de problemas: FICHA 18(Páxinas 35 e 36) FICHA 19 (Páxinas 37 e 38)
É importante recalcar que cada alumno/a ten o seu propio ritmo de traballo e aprendizaxe. Tendo en conta isto, aínda que programamos as actividades por debaixo do ritmo que tiñamos na aula, non pasa nada si un alumno/a precisa máis tempo para realizalas. O importante é manter certa constancia no traballo e non perder o hábito. Se os alumnos/as teñen algunha dúbida na resolución dalgunha actividade e non son quen de resolvela, estamos a vosa disposición a través do correo electrónico para tratar de explicala.
Enviamos “Fichas de control”. As tedes vosa disposición ADXUNTAS (DEBAIXO) . Deben ser devoltas a través dos emails das titoras no prazo dunha semana.
patriciamariacabadas@edu.xunta.gal
Se algún ten dificultades en envialas por email, de forma excepcional, pode facelo a través do WhastApp no teléfono 604.070.366. É importante que indiquedes a que titora será dirixido o WhastApp.
Se algunha familia non ten impresora non pasa nada, poden resolverse no caderno do alumno/a.
As tarefas que non formen parte das “fichas de control” ou dos proxectos non son de entrega obligatoria.
Proposta actividades Educación Física: 1º,3º,4º,y 5º primaria
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTAR FÍSICAMENTE ACTIVOS DURANTE ESTOS DÍAS
O recomendable sería que o alumnado realizase alomenos 60 minutos/día de actividade física moderada-intensa. Tamén se pode dividir o tempo de xogo en períodos de actividade máis curtos, podendo xogar 10-15 minutos por cada hora de inactividade.
O ideal sería poder realizar todas estas actividades ao aire libre (na vosa finca, terreno, parcela...), sempre tendo en conta as recomendacións das autoridades.
Agora xa as podemos facer no exterior, porque xa temos un horario de saidas
A continuación plantéxanse unha serie de xogos, dinámicas e recursos que podedes consultar para empregar o voso tempo de ocio de xeito saudable. Imos a dividilas en actividades de interior (dentro da casa) e actividades de exterior (finca ou similar) para que escollades aquela que mellor vos veña. Pero recordade, todo aquilo que implique movemento sempre é a mellor opción.
INTERIOR:
-
Xogos con globos (intentar que non caia, dar o maior número de toques, toques con diferentes parte do corpo...)
-
Recurrir a xogos musicáis como o “Just dance” ou simplemente poñer música e bailar.
-
Crear unha coreografía ca nosa música preferida e gravala.
-
Xogar ao escondite pola casa.
-
Facer circuítos de habilidades (pasar por debaixo de sillas, facer algunha voltereta na cama/sofá, saltar obstáculos...)
-
Plantexar unha búsqueda do tesouro en familia (esconder algo e encontralo nun tempo establecido ou crear un mapa da casa con diferentes pistas para chegar ao tesouro)
-
O "dado-reto". Cun dado, asignamos a cada número unha acción (1=dar 5 saltos co pé esquerdo, 2=dar 3 toques no aire cunha pelota...)
-
Xogos de mesa e puzzles.
-
Elaborar xogos de mesa motrices (crear un taboleiro con casillas e en cada unha establecer un reto que hai que superar para pasar ao seguinte)
-
Facer circuítos de chapas ou soplando tapóns
-
Xogar a "Simón di" (por exemplo: "Simón di" que xiremos tres veces sobre un pé...)
-
Probar o teatro de sombras.
-
Xogos con material reciclado (facer bolos con botellas de plático, xogar ao golf/hockey cos paus de escoba, facer uns aros e encestar, creamos unha diana, facer malabares cunhas pelotas de papel ou crear a nosa indiaca e xogar con ela).
-
Xogar ao twister (podedes crear o voso cunha tea ou papel continuo)
-
Xogar a adiviñar personaxes, accións cotiás ou películas
-
Exercicios de relaxación (facernos masaxes cunha pelota, facer respiracións profundas contando 3-5 segundos en cada unha das fases ou contraer e relaxar diferentes partes do corpo cos ollos pechados).
-
Xogos sensoriais (cos ollos pechados intentar chegar a algunha parte da casa ou adiviñar obxectos mediante o tacto, tamén cos ollos pechados degustar alimentos e adiviñar que é, ou mentres un ten os cascos postos con música os demais teñen que intentar mandarlle unha mensaxe) .
EXTERIOR
tamén se poden adaptar algunhas das propostas anteriores
-
Podedes xogar ao pilla con familiares, facer circuítos en bicicleta, en patíns/patinetes, etc.
-
Cunha pelota e 2 equipos establecemos obxectivos: intentar facer 5 pases sen que o equipo contrario a roube, hai que encestar nun caldeiro ou lanzar a pelota a un sitio determinado.
-
Xogos populares como o escondite, os trompos, as canicas, saltar a comba, circuitos de chapas…
-
Búsqueda do tesouro (*)
-
Facer relevos (correr unha distancia, saltando a pata coxa, agarrados da man, transportando obxectos...)
-
Xogar con raquetas ou palas (contra a parede, con bote e sen bote con compañeiro...)
XOGUEMOS CON MATERIAL RECICLADO!
SUAVIBALL
-
Material necesario: bote de suavizante, deterxente ou lixivia con asa; unha pelota de de tenis, espuma ou papel
-
Propostas de xogo: lanzar a pelota ao aire e recepcionar, lanzar co bote e recepcionar ou facernos pases.
INDIACAS
-
Material necesario: bolsa de plástico, papel de periódico ou similar e celo
-
Propostas de xogo: lánzala ao aire e golpéala con diferentes partes do corpo, dar toques ca palma da man sen que toque o chan ou facer lanzamentos intentando encestar.
IOGURBALL
Material necesario: vaso de iogur, un fío de la e unha pelota pequena de plastilina ou papel.
-
Propostas de xogo: intentar meter a pelota dentro do iogur (probar con ambas mans).
BOLOS
-
Material necesario: botellas de plástico, cartóns de leite, latas de refrecos e unha pelota.
-
É recomendable meter dentro das botellas un pouco de auga, terra ou pedras.
Propostas de xogo: facer lanzamentos e intentar derribar o maior número de bolos ou lanzar de diferentes formas, distancias e con distintas puntuacións.
MALABARES
Material necesario: globos, arroz ou lentellas e unha botella.
Proceso de contrución:
- Meter 10 cucharadas de arroz dentro dunha botella de plástico.
- Inchamos un pouco o globo, e, sen que nos saia o aire, metémolo na boca da botella.- Dámoslle a volta á botella, metemos o arroz dentro do globo e quitamos o aire restante se o houbese.
- Cortamos o cuello do globo
- Con outro globo (cortamos o cuello previamente) envolvemos o globo de arroz no outro sentido para reforzalo.
Proposta de xogos (con 2 malabares): lanzar alternativamente ao aire e collelas, lanzar simultáneamente, lanzar á vez e collela ca man contraria, lanzar e coller as dúas ca mesma man alternativamente…
Nestes enlaces encontraredes exemplos de actividades que poderiades practicar na casa.
Espero que as miñas propostas vos gusten.
English 1st
Good morning!!!
Parabéns a tod@s polo ánimo que estades tendo nesta situación excepcional e por ese esforzo e constancia que estades demostrando na área de Lingua Estranxeira. Congratulations!!!
Seguimos, pois, traballando.
Imos facer actividades de repaso e reforzo de NUMBERS. Usaremos a web PEQUEOCIO, clicamos e entramos en Recursos Educativos, apartado de INGLÉS. Imos buscar Numeros e seguir esta orde:
1. Pronunciación de los Números.
2. Canción de los Números.
3. Láminas para colorear los Números. 1 -10.
Coloreamos, decoramos, ...os NUMBERS e podemos usalos como flashcards, ademáis podemos pegalos polas paredes do noso cuarto e ter así apoio visual para memorizalos dun xeito inconsciente e moi sinxelo.
Ánimo e moitos KISSES. (lembrade : aruthvega@gmail.com)
CIENCIAS NATURAIS 3º TRIMESTRE
Durante este curso estudamos os seres vivos: O corpo humano e os animais.
Agora toca seguir aprendendo un montón de contidos sobre outros seres vivos: As plantas.
Apetécevos realizar un experimento moi sinxelo dende a vosa casa?
Accede ao documento adxunto para ver a informamición.
Se tes algunha dificultade para acceder ao contido ou necesitades imprimir o documento adxunto, non dubidedes en poñervos en contacto coas titoras a través dos nosos emails:
patriciamariacabadas@edu.xunta.es |
Un saúdo
Actividades MÚSICA. 1ª quincena mayo.
Queridos alumnos y queridas alumnas.
Espero que esteis bien, tanto vosotros como vuestras familias.
Antes de nada os dejo este enlace para celebrar con vosotros dos acontecimientos que tuvieron lugar estos días: El Día Internacional de la Danza y el Día de las madres. ¡Felicidades!
VIDEO DE DAVID GARRETT. https://youtu.be/E100oGo8d34
A continuación dos tareas que os propongo.
Tarea 1:
VIDEO CLAVE DE SOL. https://youtu.be/O7Vulwv62G4
Practico la clave de sol. Quiero ver como lo hacéis aunque no salgan perfectas!.
Tarea 2:
VIDEO PLANETA AGUA. https://youtu.be/MSWs0uL_MH0
Memorizo la canción, realizo un dibujo con los personajes y otro del planeta Tierra y anoto 3 cosas que podemos hacer para cuidar nuestro planeta.
Ánimo. Estas tareas son para los siguientes 15 días.
Os recuerdo mi dirección de correo para que me envieis los trabajos, o fotos de los mismos, o me consulteis cualquier duda: rjimenez@edu.xunta.es
Por favor, en “ asunto” poned vuestro nombre, los dos apellidos y el grupo- clase al que perteneceis. Gracias.
Cuidaros mucho.
Un abrazo.
Rosa.
PROXECTO: DENDE A TÚA COCIÑA
Prezado alumnado de 1º:
Presentámosvos un proxecto que levaredes a cabo dende a vosa cociña. Que vos parece?
Tedes TODA a información do proxecto no adxunto
"PROXECTO DENDE A COCIÑA DEFINITIVO".
Como podedes ler no documento, o proxecto consta TRES partes que teredes que ir resolvendo.
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO: PRIMEIRA PARTE: ESTADOS DA AUGA
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO: SEGUNDA PARTE: RECETA
Ademáis, dispoñedes adxuntos uns vídeos titoriais onde vos explica como acceder aos recursos e actividades interactivas. Tamén podes facelo directamente nos seguintes enlaces:
English 1st
HELLO!!!
Ola a tod@s:
Espero que continuedes ben e con forzas !!!
Imos seguir traballando e gozando en inglés. Xa pasou tempo suficiente para visionar, cantar e bailar Baby Shark Wash your Hands. Agora faremos unha actividade de ampliación.Adxunto un documento onde debedes atopar e escribir diferentes conceptos , además de amosar a vosa comprensión e creatividade cun debuxo .Facédemos chegar, encántame ter novas vosas, comprobar que tanto vós como as familias estades ben e ver que seguides traballando e esforzándoos na área de inglés.
Unha aperta.
Actividades MÚSICA. 27 abril.
Queridos alumnos y queridas alumnas.
Espero que esteis bien, tanto vosotros como vuestras familias.
A través del siguiente vídeo vamos a trabajar la memoria visual y el ritmo y, como siempre, la creatividad.
Se titula: “ Come más verduras”.
https://www.youtube.com/watch?v=opR4eLodthY
Tarea1: Memorizo la música y la letra de la canción. Sigo ritmo con las manos, pies, manos sobre la mesa y, para finalizar, con la mano sobre una parte del cuerpo.
Tarea 2: Dibujo dos de los protagonistas de la canción ( las verduras que aparecen) e invento otra verdura y la dibujo.
A continuación dejo otro enlace, que corresponde a una canción de Pablo Alborán, y que quiero dedicar a todas las familias. La música nos une, “ NO ESTAMOS SOLOS”.
https://www.youtube.com/watch?v=okZdCHsZyhk
Cuidaros mucho.
Os recuerdo mi dirección de correo para que me envieis los trabajos, o fotos de los mismos, o me consulteis cualquier duda: rjimenez@edu.xunta.es
Por favor, en “ asunto” poned vuestro nombre, los dos apellidos y el grupo- clase al que perteneceis. Gracias.
Un abrazo.
Rosa.
NOVOS EXERCICIOS DOS LIBROS DE TEXTO
Boas tardes,
As tarefas dos libros de texto que o alumnado debe realizar ata o 11 de maio son:
Lengua+
Escritura: páginas 21 y 22
Comunicación oral: Tarea11 (páginas 21, 22)
Comprensión lectora: Páginas 63, 64, 65 y 66.
Lectoescritura: Ficha 30 (páginas 59 y 60)
Cuadernillo de lingua:Páginas 28, 29, 30 e 31.
Mate+:
Problemas: 31, 32, 33, 34
Cálculo: 35, 37, 38, 45 y 46
Numeración: 49 y 50
ACCESO AOS LIBROS DIXITAIS
Prezadas familias:
Houbo un erro na Web que provocou que fose eliminada a entrada que tiñamos publicada con respecto ao acceso dos libros dixitais.
Recordamos as claves de acceso e volvemos a adxuntar o titorial que realizamos.
--PREME AQUÍ PARA VER TITORIAL--
Existen dúas formas de acceder ao libros dixitais:
-Descargando a aula virtual no voso ordeador
-Accedendo aos libros a través de internet (O vídeo titorial é valido para esta opción).
Tedes a explicación de ambas formas no PDF adxunto.
A clave é a seguinte, a mesma para todo o alumnado:
USUARIO CONTRASEÑA
36000247-0060-0001 ME2yJdTC
Tedes acceso aos libros de texto que tedes xa nas vosas casas. Santillana regalouvos ademáis, acceso ao libro A Tartaruga Amodovou, Lingua Galega+, Sociais e Naturais. Comentarvos tamén que nos libros de texto dixitais, podedes atopar diferentes xogos e divertidas actvidades. Os vosos fillos e fillas poden experimentar a través destes recursos.
UNHA CARTA PARA VOS
Queridas familias:
Ao longo destes meses, continuaranse desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua de modo non presencial. A metodoloxía que seguiremos as titoras de 1º curso seguirá sendo a mesma que ata o momento. Enviaremos a través de Abalar Móbil o aviso e deixaremos publicado na páxina web do colexio, todas as actividades plantexadas. Estas tarefas serán de repaso, reforzo e ampliación.
É importante recalcar que cada alumno/a ten o seu propio ritmo de traballo e aprendizaxe. Tendo en conta isto, aínda que programamos as actividades por debaixo do ritmo que tiñamos na aula, non pasa nada si un alumno/a precisa máis tempo para realizalas. O importante é manter certa constancia no traballo e non perder o hábito. Se os alumnos/as teñen algunha dúbida na resolución dalgunha actividade e non son quen de resolvela, estamos á súa disposición a través do correo electrónico para tratar de explicala.
A partir de agora, resultará mais cómodo para todos o feito de contar cos libros de texto na casa. En cada bolsa inclúense os libros que quedaron no colexio de Fontes, así como o arquivador de cada neno/a e unha barra de pegamento (como se tivo que embolsar todo este material con certa présa, é posible que algún alumno/a reciba a barra de pegamento doutro compañeiro/a). O alumnado irá arquivando as súas fichas, a medida que se van facendo.
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua. Tendo en conta isto, de forma periódica (cada 15 días), solicitarase que nos envíen de volta unha actividade en concreto que nós denominamos de control. Estas actividades serán publicadas na páxina web do centro e recibirán aviso da mesma a través de Abalar Móbil. Serán actividades nas que se especificarán como Control e deberán ser enviadas de volta no prazo dunha semana a partir da súa publicación. Poden enviarse a través do correo electrónico á persoa titora ou de forma excepcional a través da aplicación Whatsapp ao teléfono móvil do centro educativo (604 070 366), indicando a qué titora se diririxe a información.
Xa por último, deben saber que segue en vigor a Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, polo que as sesións lectivas rematarían o 19 de xuño.
Un saúdo e moito ánimo
Sandra e Patricia
Páxina de xogos e Pasatempos de Relixión
Bo día, espero que todos e todas estedes ben:
A profe de Relixión Inma, quere compartir con vos este enlace a unha páxina web onde podedes atopar unha morea de xogos e pasatempos de Relixión: Ahí podedes atopar sopas de letras, actividades de verdadeiro e falso, atopar as diferenzas, colorear, etc...
http://recursos.cnice.mec.es/bibliainfantil/
Esperamos que vos guste!.
Un saúdo:
Inma e María.
Tarefas de música.
Queridos alumnos y queridas alumnas.
Espero que esteis bien, tanto vosotros como vuestras familias.
Os dejo las siguientes tareas para que las vayais haciendo poco a poco.
Tarea 1:
https://www.youtube.com/watch?v=xd0hgKMkMf8
Vídeo de la canción: “ No dejes de soñar”, de Manuel Carrasco.
- Utilizando un folio, hago un cartel o dibujo sobre la canción y escribo en él una palabra importante sobre ella.
Tarea 2:
https://www.youtube.com/watch?v=Cfjni9oid1c
Vídeo: “ Música natural” para repasar conceptos sonido- silencio y paisaje sonoro.
- Escribo una lista de sonidos que me rodean o hago un pequeño dibujo sobre ellos. Sobre los sonidos que escucho en mi casa, desde el balcón, desde la ventana, o que escucho en la calle.
Mi dirección de correo para que me envieis los trabajos, o fotos de los mismos, o me consulteis cualquier duda, es: rjimenez@edu.xunta.es
Un abrazo.
Cuidaros mucho.
Rosa.
English 1st
Good morning !!!
Bos días querid@s alumn@s, espero que sigades ben e con moito ánimo.
Poño hoxe unha canción ben coñecida por nós cunha nova versión. Ten incluso coreografía, así que: Let´s Sing and Dance.
Wash your hands with baby shark. You tube. PINKFONK.
Unha aperta e moitos "kisses".
Actividades MÚSICA.
Prezado alumnado.
Espero que todos e todas esteades ben.
A profe Mili mándavos uns abrazos de despedida e eu moitos bicos de benvida e ánimos nesta situación que estamos vivindo.
Os seguintes enlaces a uns vídeos serviranvos para traballar a escoita activa, a memoria visual, a discriminación auditiva e a observación e sobre todo para gozar coa música e relaxarvos un pouquiño.
https://www.youtube.com/watch?v=e0pecj7ZCcQ
Canción: “Lavado de manos”. Neste divertido vídeo, Elmo e Clara recórdannos a importancia de lavar ben as mans. Despois de escoitar a canción e cantala, podedes inventar outra coreografía, debuxar estos personaxes, elaborar carteis publicitarios fomentando hábitos hixiénicos, xogar a cambiar a letra da canción por outra creada por vós, etc.
https://www.youtube.com/watch?v=AB7WKhHtVDU
Canción: “ Negra Sombra”. Música tradicional galega.
Este fermoso vídeo acércanos ás nosas costumes e a lugares que pronto percorreremos de novo. Escoitade a canción, intentade identificar as paisaxes e a voz feminina. Tamén podedes investigar sobre a temática e a autora galega na que está baseada esta canción.
Coidádevos moito.
Unha aperta.
Rosa.
ACTIVIDADES SEMANA DO 14 AO 21 DE ABRIL
Prezadas familias,
Agardamos que todos e todas esteades ben e con forzas para seguir afrontando esta situación. Despois do período de Semana Santa, hoxe martes 14 de abril, retómase a actividade lectiva non presencial. Polo tanto...
Comezamos o terceiro trimestre!
Enfrontámonos a un trimestre moi peculiar pero con moitas ganas.
Deixámosvos en documentos adxuntos tres PDF coas tarefas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas. Ademáis, contades tamén co audio da tarefa 10 Comunicación Oral de Lingua Castelá.
Para plástica vos recomendamos a seguinte manualidade:
Moitas forzas e ánimos con este estraño 3ºtrimestre.
Titoras de 1º educación Primaria.
Manualidades Religión para Semana Santa
Estimadas familias:
Aquí vos deixo unhas manualidades por si queredes facer durante esta Semana Santa un pouco "especial".
Nos vos esquezades de disfrutar das vacacions!!!
Palma de Ramos sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=k86GKOp_phg
Decoración Domingo de Ramos: https://www.youtube.com/watch?v=wr3WcGGXIGM
Deixovos outras ideas nos adxuntos.
Un saúdo e coidadevos moito!
María.
UN CONTO PARA VOS
Bos días,
Tedes a vosa disposición un novo vídeo.
Desexamos que vos guste o conto.
NOVO VÍDEO DE CIENCIAS SOCIAIS
Prezado alumnado!
Tedes a vosa disposición un novo vídeo feito con moito agarimo. Desexamos que vos guste.
Preme nas seguintes palabras:
Un saúdo