Orientación

Convocatoria para as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional en Galicia no 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO EN GALICIA 2018

 PRAZO DE INSCIRCIÓN: Entre o 12 e o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir os requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos, ou cumprilos durante o 2018.

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

  • En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional

  • Vía web na seguinte aplicación:https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 A PROBA CONSTA DE TRES PARTES:

Parte sociolinguística

Organízase en tres probas:

  • Lingua castelá

  • Lingua galega

  • Ciencias sociais

Parte matemática

Organízase nunha única proba:

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

Organízase en dúas probas:

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía

DATAS E HORARIOS DA PROBA: terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 10:00 ás 13.00 horas: Parte matemática e parte sociolinguística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: Parte científico-técnica

*Lembra acudir á proba co DNI e copia do impreso de inscrición que se realizou.

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DOS CICLOS:


GRUPO A

ESO ou equivalentes

GRUPO B

FPB e PCPI

GRUPO C

Proba de acceso/outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%


QUE NOTA HAI QUE ACADAR?

Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes.Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.

CANTAS VECES SE PODE PRESENTAR ÁS PROBAS?

Tantas veces como se desexe. Se o alumnado se presentou en convocatorias anteriores e non superou a proba pero acadou un cinco nalgunha das partes, gárdase a nota desa parte durante dous anos, polo que non se tería que examinar delas novamente.

ADAPTACIÓN DA PROBA:

Poderán solicitar a adaptación da proba as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) (ver requisitos na convocatoria)

 

ENLACES DE INTERESE:

Estreamos Blog de orientación

Este 2018 trae consigo a estrea dun blog do departamento de Orientación. O noso obxectivo é que sexa un espazo de información e comunicación para toda a comunidade educativa do CPI de Cova Terreña.

Aproveitamos a ocasión para compartir a acción que tivo lugar o pasado venres 19 de xaneiro por parte do equipo de mediación para celebrar o "Día Europeo da Medicación" que se celebra o 21 de xaneiro.

GUÍA PARA A PREVENCIÓN DE PROBLEMAS NA LINGUAXE.

22/11/2017 10:21
Etc/GMT+1

  É habitual que os pais e nais nos preocupemos polos problemas na linguaxe dos nosos fillos/as que en moitos casos non son tales, xa que en moitas ocasións son etapas que deben seguir un ciclo de desenvolvemento.

   Cada neno/a ten un ritmo de evolución diferente, non todos comezan a falar a mesma idade nin da mesma forma.

   Así por exemplo, o máis común son as dificultades na articulación dalgún fonema o ( s, r, rr, s). O habitual é que cada neno adquira estes fonemas dun xeito natuaral, polo que non debemos facer que repita as palabras que pronuncia mal, nin rifarlle ou facer burlas pola súa fala.

   Se observades dificultades na linguaxe do voso filla/o non dubidedes en consultalo co mestre de Audición e Linguaxe do centro.

   Para previr alteracións no desenvolvemento da linguaxe ofrecémosvos unhas orientacións que os poden axudar. Esperamos que vos sexan de utilidade.

   Adicar un tempo diario a falar. "Tíralle da lingua". Deixarlle que se exprese a súa maneira e non incidir nos erros que cometa. Temos que ofercerlle sempre un modelo correcto, por exemplo se un neno di :"Un mión" non lle faremos repetir :"camión, camión... "senón que podemos completar a súa frase como :"-¡Ah! ¡Qué camión más grande!.

Nos momentos de xogo podedes aproveitar para falar, preguntar, nomear cores, partes do corpo, roupa, lugares do cole....

   A alimentación e a fala están moi relacionados, polo que debemos ir introducindo a comida cada vez máis sólida e en anaquiños máis grandes. A lingua e os beizos deben ir acadando a forza e axilidade necesaria  para poder emitir os fonemas máis complexos. Temos que eliminar o biberón e chupete; o seu uso prolongado pode provocar deformación no padal así coma manter condutas infantiles que repercuten no desenvolvemento do/a neno/a.

   Non respostedes por el ou ela, deixar que fale e procurade non anticiparse a súa resposta.

   Evitade as burlas pola súa fala.

   Afastádevos de actitudes sobreportectoras, procurade que a súa fala vaia sendo cada vez menos infantil. Non empreguedes palabras mal ditas ou infantilizadas "-Mira un guau guau"; "-Tamos catentitos".Os nenos/as son grandes imitadores polo que imitarán esta fala sobre todo se saben que fan gracia.

  

FAMILIAS DONAS DE RECURSOS

Este mércores día 8 de xuño realizáronse unhas charlas profesionais dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO.

José Luis Valverde, Marcos Comesaña, Cristina Amoedo, Magdalena Gallego e Carmen Piñeiro, pais e nais de alumnos e alumnas do noso centro educativo déronnos información moi valiosa sobre as distintas profesións que exercen na actualidade.

Dámoslle as grazas por adicarnos o seu tempo, a súa experiencia e a súa sabiduría.

Si queres ver as fotos CLICA.

Programa Orienta

Preme na no seguinte enlace se queres máis información .

Orienta

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031