Actividades

DINÁMICA: “ O equipo de Manuel”

En 5ºB de primaria implementamos a Dinámica cooperativa “ O equipo de Manuel ”.

Despois de realizar a lectura do texto “ O equipo de Manuel ” e comentar a situación de Manuel na súa aula, cada alumna/o anotou , de xeito individual , ventaxas de traballar en equipo. A continuación ampliounas coas aportacións dos seus compañeiros/as de equipo. Por último, escoitando as ventaxas que tiñan anotadas os demais equipos da clase, completou a súa listaxe engadindo algunha que non tivera.

Finalmente fixemos unha posta en común da que saíron as seguintes reflexións:

“ Si un ten unha dúbida, como hai máis xente no equipo... axúdano”

“ Xuntos resolvemos dúbidas”

“É máis divertido, aínda que as veces pelexamos, discutimos, ...”

“ Estamos aprendendo a resolver os conflictos falando con boas palabras”

“ Aínda que pelexamos aprendemos a solucionalo”

“ Se antes te caía mal unha persoa, ao estar traballando xuntos, coñécela mais e pode caerte ben”

“ En equipo poden axudarte no traballo e dar outras ideas”

“ En equipo saen moitas máis ideas”

“ Aprender a traballar en equipo sérveche para o futuro, para cando teñas que traballar con xente diferente a ti”

No ficheiro adxunto podémolos escoitar.

VENTAXAS de TRABALLAR en EQUIPO

As nenas e os nenos de 2ºB da ESO , despois de traballar en equipo para elaborar produtos para a exposición sobre o mar, explícannos algunhas das ventaxas que ten a cooperación.

" Aprendes sobre tus compañeros"

" El trabajo se reparte por lo que le toca menos a cada uno"

" Convives con gente con la que normalmente no lo haces"

" Es mas entretenido"

" Podemos ayudarnos entre nosotros para obtener un mejor resultado"

" Aprendemos estructuras de aprendizaje cooperativo que nos prepara para el futuro, en el mundo laboral principalmente"

Equipo 1

Equipo 4

Podédelos escoitar nos vídeos adxuntos

 

 

Exposición sobre o mar.

Ao longo deste curso 2018-19 o profesorado que estamos

desenvolvendo o Programa CA/AC implementamos os 3

ámbitos de intervención : Dinámicas , estruturas e Plans

de Equipo.

 

Este ano decidimos traballar , todas e todos, sobre un

proxecto común: Unha exposición sobre o Mar.

 

Despois de moitas e moi satisfactorias xuntanzas ,

deseñamos dita exposición na que o traballo en equipo,

tanto do profesorado como do alumnado, se visualizará

nos produtos finais aportados.

 

Neste apartado da web do colexio iremos poñendo ,

ademais doutras actividades de aprendizaxe cooperativa,

as relacionadas con este interesante proxecto.

 

                              Cartel sobre a exposición

A inauguración será o venres 31 de maio ás 20.00h.

Estará aberta ao público,no Edificio da Capitanía,

durante a fin de semana e os días 3 e 4 de xuño.

O horario de visitas aínda está por concretar.

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031