Renovación Consello Escolar: Presentación de candidaturas
É a quenda de renovar o Consello Escolar.
A renovación xa tocaba no curso pasado pero debido á situación sanitaria a Administración decidiu retrasalo ata este curso.
Animámoste a participar no teu centro: xa sexa que esteas de acordo ou en desacordo, tes ideas que compartir, queres que se oia a túa voz, queres mellorar o centro,... participa!!
Podes presentar a túa candidatura ao Consello Escolar cubrindo o documento adxunto e entregandoo en conserxería ou tamén recollelo alí. Tes de prazo ata o 12 de novembro para presentar a túa candidatura que podes acompañar dunha fotografía.
E tamén contamos contigo para que participes votando nos comicios que terán lugar na semana do 22 ao 26 de novembro! O censo atópase exposto no patio norte escolar.
Contamos contigo! Participa!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PresentacionCandidatura.pdf | 126.74 KB |