Gañadores do III Concurso literario sobre a protección de datos

O alumno Adrián Álvarez Santos, de 4ºESO B, ven de gañar o III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a protección de datos convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Na entrega de premios celebrada o 29 de maio no salón de actos do centro asistiu Don Juan José González Cid, Secretario do CPEIG, Don Policarpo Vilar, Conselleiro de Educación, a directora do centro, Dona Isabel Martínez, así coma profesores, compañeiros e familia de Adrián Álvarez Santos, quen recibiu unha tablet coma premio do concurso e un libro de poemas de parte do Concelleiro de Educación.
Asemade, o centro recibiu un robot educativo como premio e recoñecemento á súa participación.

No ficheiro adxunto pode ver o traballo presentado, O mellor trobador do mundo, que mereceu este recoñecemento, o cal suporá un premio dunha tablet para o alumno e dun kit de robótica para o centro.

Convocatoria do concurso: https://www.cpeig.gal/portal/node/3519
Decisión do xurado: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27489

Publicación da nova:

AdxuntoTamaño
O millor trobador do mundo.pdf34.87 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30