NOVAS DE NOVEMBRO

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016, ambos os dous incluídos. O vindeiro 8 de novembro, ás 10:30h, farase o sorteo dos membros da Xunta Electoral correspondentes ás familas e alumnado.

MAGOSTO

A celebración do Magosto é o mércores 16 de Novembro. O alumnado regresará ao centro á hora de saída habitual do centro (13:50 - 14:00).

ABALAR MÓBIL

Estase a levar a implantación de Abalar Móbil no centro para que as familias poidan acceder a información do alumnado:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións, despois da sesión de avaliación
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia e faltas de conduta
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

Nesta ligazón podedes consultar un vídeo explicativo.

OBRAS PAVILLÓN ESCOLAR

O vindeiro luns, día 7 de novembro, inícianse obras no pavillón por parte do Concello de Baiona, estando restrinxido o acceso ao mesmo e zonas anexas.

FESTIVAL MUSICAL

Por mor das obras, o festival musical previsto para o 22 de novembro non poderá ser realizado, pasando a súa realización ao mes de Abril de 2017.

AdxuntoTamaño
guia-mobil-familias-galego.pdf1.74 MB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30