Preparando a saída ao Ecoparque de Marín

Estase a preparar no departamento de educación física, a saída ao Ecoparque multiaventura de Marín, para o alumnado de 1ºESO.

Para que poidades ver o tipo de actividades que se poden realizar, recoméndovos que cliquedes no seguinte enlace http://www.aventurariasbaixas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=126&Itemid=552&lang=es.

A actividade terá un custe de 15 euros, grazas a que o centro sufraga os gastos do transporte.

Pola tarde continuaremos facendo actividades na natureza no entorno do Lago Castiñeiras.

Esperemos que a climatoloxía nos permita disfrutar deste día. A data da actividade é o 4 de Xuño.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930