FONDOLIBROS

 

 

 

 FONDOLIBROS

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025

 

Enlace ao DOG.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_es.html

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2024/2025 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2024/2025 cursen Educación Primaria e E.S.O.

FONDO SOLIDARIO (banco de libros):

Destinatarios: alumnado que o vindeiro curso 2024/2025 cursen 3º e 4º de Educación Primaria. O alumnado que foi beneficiario este curso do fondo de libros deberán devolver os libros  antes do 21 de xuño seguindo as indicacións do titor. De non ser así perdería o dereito a estas axudas.

5º e 6º de primaria e E.S.O.  non entrará no Fondo Solidario porque están dentro do proxecto EDIXGAL no que cada alumno terá un portátil de empréstamo e material dixital de balde, só se poderán solicitar as axudas do punto anterior para adquirir material. 

 

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Prazo de solicitude para novas incorporacións fora do prazo ordinario: ata 31/3/2025, incluído.

As familias poderán solicitar estas axudas ata o venres 21 de xuño, cubrindo os anexos I e II (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os fillos matriculados en Educación Primaria neste Centro) e entregando a seguinte

DOCUMENTACIÓN:

o Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar – tódalas páxinas escritas. No caso de non telo, certificado de convivencia ou Informe de Servizos Sociais.

o En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

o No caso de discapacidade do alumno, do solicitante ou dalgún membro da Unidade Familiar: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A data de referencia é 31/12/2022.

o Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

o Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.

o Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.

o Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Atendendo ás indicacións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade  a solicitude pode facerse de 3 maneiras, preferiblemente, pola opción 1 (vía telemática).

 Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.  

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, imprimirase e presentarase no centro educativo. 

 Na secretaría do centro: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.ANEXOS I e II no seguinte enderezo.

 

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791

 

 

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930