Tras os pegadas do exército romano por Aquis Querquennis e polo Xurés
O alumnado de 1º de ESO e de 3º de ESO de Cultura Clásica visitan o campamento romano de Aquis Querquennis e mais o Parque Natural do Xurés
Na mañá da segunda feira do 22 de abril de 2024 os grupos de 1º de ESO e mais de 3º de ESO que reciben formación en Cultura Clásica se desprazaron ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis, no concello de Bande, acompañados polos docentes Iria, Nieves e Anxo.
Despois do visionado dun vídeo e da visita ao centro expositivo, o grupo desprazouse cara aos restos das instalacións militares, onde parte do alumnado de 1º de ESO, xunto co de Cultura Clásica, descubriron a historia deste magnífico campamento onde se aloxou unha das cohortes da lexión Gemina que se instalara en Legio (León).
Posteriormente, o grupo desprazouse cara á desembocadura do río Caldo, no concello de Lobios, para xantar e gozar da piscina e pozas termais.
Á tarde levouse a cabo a visita aos miliarios que se foran atopando na vía XVIII ou Vía Nova, que unía as localidades de Arturica Augusta (Astorga) con Bracara Augusta (Braga). Ademais, o grupo aproveitou para visitar os restos da mansio de Aquis Originis, unha antiga pousada romana que daba servizo aos comerciantes que percorrían a devandita vía.
No derradeiro punto da xornada, unha parte do alumnado explicou as características do hábitat do Parque Natural do Xurés (Parque Nacional de Peneda-Gerês en Portugal).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
XURÉS-1.jpg | 542.12 KB |
XURÉS-2.jpg | 355.71 KB |
XURÉS-3.JPG | 409.47 KB |
XURÉS-4.jpg | 436.47 KB |
XURÉS-5.JPG | 449.1 KB |
XURÉS-6.JPG | 442.71 KB |
XURÉS-7.jpg | 568.53 KB |
- blogue de anxorajo
- APIs de Blogue