Baiona no tempo, cambios e desigualdades, SSBB

O alumnado de Proxecto Competencial 1ºESO presenta a exposición “BAIONA NO TEMPO, Cambios e desigualdades” na praza de abastos de Baiona.

Trátase do produto final do alumnado tras as reflexións feitas sobre as desigualdades na sociedade, a diferenza de oportunidades segundo o lugar de nacemento, o sexo, a situación familiar,… centrado agora na súa contorna máis próxima: Baiona.

A través de fotografías antigas do concello achegadas polo alumnado, buscadas na rede e facilitadas pola Editorial Ir Indo reflexionamos sobre os cambios na vila que asemade reflicten os cambios na nosa sociedade e tamén cales persisten que se achegan de textos descriptivos en galego e inglés xa que moito do alumnado participante participa no Proxecto de Seccións Bilingües.

Neste proxecto traballouse un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados pola 10. Reducción das desigualdades dentro dos Programas de éxito educativo CPI Innova – EDUSOSTIBILIDADE da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Grazas á colaboración do Concello de Baiona e a Editorial Ir Indo os habitantes e visitantes da vila poderán gozar desta exposición ata o mes de xullo.

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930