FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.


22,549 Libros Apilados Imágenes y Fotos - 123RF


CONVOCATORIA
DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E
MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2023/24

ConvocatoriaORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio), pola que se
regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan
axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación
especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar
2023/24

Prazo:

Do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos Non se admiten
solicitudes fóra de prazo.

Solicitudes:

·      Presencialmente no centro onde cursará
estudos no 2023/2024, solicitude (Anexo I), Anexo II (debidamente asinados) e
documentación. (Enlace
a Anexo I e Anexo II
)

·      Realizar a solicitude na aplicación
FONDOLIBROS, (Enlace á
aplicación) 
 e posteriormente presentala:

1.  Presentación no centro ( imprimirán a solicitude e o anexo II
e presentaranos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación.

2.  Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.(procedemento
ED330B). (Enlace á Sede Electrónica da
Xunta de Galicia)

Documentación:

·    Solicitude, Anexo II (debidamente asinados) e
documentación complementaria que queira aportar segundo a Orde do 10 de maio de
2023:
libro de familia ou similar. De ser o caso, certificado de discapacidade e/ou
sentencia de separación.

Axudas que se conceden ao
alumnado 2022/2023:

  • Ed.Infantil: non hai
    axudas ao non ser unha etapa obrigatoria.
  • 1º e 2º Ed.Primaria: axudas
    para adquirir libros de texto e material escolar.
  • 3º e 4º Ed.Primaria: cesión
    do Fondo Solidario de libros de texto e axuda para adquirir material
    escolar.

Grupos E-Dixgal:

  • 5º e 6º Ed.Primaria: axuda
    para adquirir material escolar. Non hai libros de texto.
  • ESO: axuda para adquirir material escolar. Non teñen dereito ao Fondo
    Solidario de libros por ser cursos E-dixgal.
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031