Visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro.
16/02/23
As alumnas e os alumnos de 5º nivel de EP gozaron dunha xornada marabillosa en Padrón, visitando a casa museo de Rosalía de Castro. Despois de escoitar as explicacións da guía sobre a historia da casa, do museo, e de estar moi atentos aos detalles que lles contou sobre a vida e a obra da nosa autora universal, adicáronse a percorrer "paseniño, paseniño" os distintos espazos da casa. Desfrutaron descobrindo todos os mobles, fotografías, escritos, cadros e máis obxectos, que aínda se conservan.
Aproveitaron a visita para ampliar a información que xa tiñan sobre Rosalía e así continuar desenvolvendo o proxecto "Santiago cultural". O produto final deste proxecto, elaborado nos equipos cooperativos dos grupos-clase, é un folleto-guía da viaxe que realizarán a Santiago no mes de marzo visitando, entre outros, o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos da poeta Rosalía.
Despois de descansar ollando o fermoso xardín, despedíronse desta inesquecible viaxe cunha escolma poética.
Esta visita foi custeada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" do servizo de Patrimonio Material e Memoria Histórica.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Tod@s na entrada.jpeg | 531.65 KB |
Todo o grupo, en escaleiras.jpeg | 443.27 KB |
Na casa 1.jpeg | 295.31 KB |
Na casa 2.jpeg | 334.28 KB |
Na cociña.jpeg | 382.39 KB |
Na habitación.jpeg | 341.49 KB |
Observando na cociña.jpeg | 185.95 KB |
Lendo as informacións.jpeg | 270.85 KB |
Anotando información.jpeg | 331.86 KB |
Debuxando.jpeg | 284.54 KB |
Merendando 1.jpeg | 421.63 KB |
Ombú da Casa de Rosalía.jpeg | 313.61 KB |
Todos-as diante do Ombú.jpeg | 355.61 KB |
Xardín.jpeg | 621.95 KB |
A CASA DE ROSALÍA.jpg | 297.4 KB |
COCIÑA DE ROSALÍA.jpg | 267.1 KB |
ESCUDOS.jpg | 311.17 KB |
ESCUDOS 2.jpg | 331.6 KB |
HABITACIÓN DE ROSALÍA.jpg | 216.84 KB |
MERENDANDO 2.jpg | 351.6 KB |
MERENDANDO 3.jpg | 384.79 KB |
OS FILLOS DE ROSALÍA.jpg | 158.03 KB |
SALÓN DE ROSALÍA.jpg | 238.68 KB |
VENDO A CASA.jpg | 232.63 KB |