ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

27/01/2023 17:21
Europe/Madrid

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

FASE DE RESERVA DE PRAZAS

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

PRAZO DE SOLICITUDE:

do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

NORMATIVA DE APLICACIÓN:

  • •.Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

  • •.Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS EN CADA NIVEL E ETAPA:

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

NEAE

VACANTES ESTIMADAS

4º Infantil

50

6

44

5º Infantil

50

0

32

6º Infantil

50

0

33

1º Primaria

50

6

24

2º Primaria

50

0

16

3º Primaria

50

0

20

4º Primaria

50

0

26

5º Primaria

50

0

11

6º Primaria

50

0

16

1º ESO

60

6

16

2º ESO

60

0

6

3º ESO

60

0

12

4º ESO

60

0

10

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

do  1 ao 20 de marzo de 2023

NOTA INFORMATIVA:

  1. 1.Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.  

  2. 2.O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.  

  3. 3.En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO ALEGADOS:

10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031