blogue deperezcamina

OLIMPíADA DE XEOGRAFÍA 3º ESO

 

Este ano unha seleción dos alumnos de 3º ESO participou na I Olimpíada de Xeografía a distancia, organizada polo Colexio oficial de Xeógrafos de Galicia

Os nosos alumnos enfrontáronse a outros colexios e institutos a través dun exame online con diversas preguntas. Non resultamos gañadores nesta ocasión, pero xa veremos o ano que vén...

Queremos agradecer aos participantes, que obtiveron un diploma e un pequeño agasallo, o seu esforzo e dedicación, e á organización, que salvaron as dificultades para levar a cabo a Olimpíada nun ano coma este.

 

 

PLAN DE CONTINXENCIA. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

PLAN DE CONTINXENCIA

HORARIO

Seguiremos, segundo  o indicado dende a dirección do centro, o mesmo horario que nas clases presenciais, adicando a primeira media hora a clase mediante Webex ou Aula Virtual, e os 20 min. restantes ao traballo individual dos alumnos.

HORARIO DE TITORÍA AO ALUMNADO E FAMILIAS

Seguiremos, da mesma forma, o horario de titorías que temos no modo presencial.

No caso de 2ºA, Luisa Aldao ten a titoría co alumnado os luns de 16:10- 17:00h, e coas familias os mércores de 11:30- 12:20h.

 

No caso de 4ºA, María Pérez ten a titoría co almunado os martes de 13:10-14:00h, e coas familias, o mesmo día de 12:20 a 13:10h.

CORREOS ELECTRÓNICOS DE CONTACTO CO PROFESORADO.

María Luisa Aldao: marialuisa.aldao@edu.xunta.es

María Pérez: mariaiesarte@gmail.com

 

PLATAFORMA VIRTUAL EMPREGADA

Aula Virtual do CPI Cova Terreña:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/

A TRANSICIÓN ESPAÑOLA

SEMANA DO 8 AO 11 DE XUÑO

Últimas actividades de Xeografía e Historia!! Noraboa aos que chegaches ao final con todo o traballo ao día! Espero que teñades unha boas vacacións merecidas. 

 

Podedes atopar as últimas actividades do novo tema, A TRANSICIÓN ESPAÑOLA,  coa súa Presentación correspondente na Aula Virtual. Son soamente 5 actividades e fixádevos ben que ao ser as últimas adiantei a data de entrega ao xoves.

Calquera dúbida enviádesme un correo. Vémonos nas dúas videoconferencias desta semana. Non faltedes!

Moito ánimo!

A arte Barroca

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

 

Xa estamos aquí! Estas son as últimas actividades de Xeografía e Historia!

Foi un camiño con algúns obstáculos pero xa están superados. 

Podedes atopar as actividades na Aula Virtual,un documento de Word coas preguntas e xusto enbaixo o lugar para entregalas. 

 

Espero que as disfrutedes, a data límite de entrega adiántase ao xoves, pero é soamente unha actividade con 5 ou 6 apartados.... calcúlolle unha media horiña.

Moito ánimo a todos!

INICIACIÓN A LA ACTIVIDAD EMPRENDEDORA Y EMPRESARIAL ( para los alumnos de esta materia)

ELEVATOR PITCH

Aunque parezca increíble hemos llegado al final.

En unos días todo habrá terminado y la mayoría de vosotros se despedirá del colegio que les vió crecer. 

Como última actividad os propongo una de las más chulas, un ELEVATOR PITCH:

  • Se trata de convencer a un posible inversor de que invierta en vuestra idea, y para ello solo tenéis el tiempo que tarda un ascensor en subir a la  planta 12. Son 20 segundos. 

 

  • Debido a la situación excepcional que estamos viviendo tendremos que flexibilizar las normas, por lo que no es obligatorio hacerlo en grupo, si queréis y podéis mejor, así os repartís el trabajo, si no, lo hacéis individual que no pasa nada. 

 

  • Tenéis que redactar, practicar y grabar un discurso de 20 segundos explicando las ventajas de vuestro proyecto, ese en el que estábamos trabajando en clase antes de que todo esto empezara. 

 

  • La idea original es en un ascensor, pero evidentemente con la que está cayendo no podéis grabarlo en un ascensor, no pasa nada, lo hacéis al aire libre si queréis, pero en todo caso guardando siempre los dos metros de distancia de seguridad. 

 

  • Os dejo una explicación sencilla y clara de cómo hacerlo, con 3 ejemplos y una correctora de excepción en el vídeo de EduCaixa que encontraréis en el Aula Virtual junto con la ENTREGA de vuestro  vídeo con fecha límite el jueves 12 de junio.

O FRANQUISMO

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 

Queridos alumnos:

Xa estamos a piques de chegar ao final. Soamente un último esforzo. 

Lembrade enviar canto antes as actividades atrasadas, especialmente se son de recuperación. 

As de esta semana xa están dispoñibles na Aula Virtual. Comezamos novo tema, O FRANQUISMO. Atoparedes os epígrafes, a Presentación de Power Point e o documento con 6 actividades sinxelas sobre o tema. 

Ademáis, faremos dúas videoconferencias, mércores e xoves. Como sempre atendo as vosas dúbidas por correo e se alguén quere falar conmigo pode solicitalo ou quedar despois da clase. 

Moito ánimo a todos!!

A Europa do Barroco I

 SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Estimados alumnos:

Esta semana comezamos o último tema,. Parece incible que xa pasara o curso e non nos queden máis que un par de semanas. 

Tendes xa na Aula Virtual o traballo para esta semana, fixádevos que a entrega é para o venres. 

Atoparedes un vídeo do Terzos españois e as actividades, que engado aquí por se acaso. 

Teremos tamén dúas videoconferencias para poder comentar  o tema e a arte barroca.

Moito ánimo!

O primeiro que tendes que facer e ler, comprender e suliñar o tema 12, é apaixoante. 

Son un par de actividades sinxelas mais a continuación da lectura de Alatriste, fixádevos que a entrega é para o venres. A por todas!

  • Esquema da do exercicio 25 da páxina 340 do libro de texto. 
  • Liña do tempo con cores da monarquía hispánica do século XVII. Aquí ademáis da datas e os reis, engadide os feitos principais.Tendes un exemplo na páxina 317.
  • Ler os seguintes tres capítulos de Alatriste, chegando así ao capítulo 9 incluido. Espero que o estedes disfrutando, 

A GUERRA FRÍA

ACTIVIDADES SEMANA DO MARTES 26 AO LUNS 1 DE XUÑO

Bo día a todos:

Esta semana comezamos o tema da Guerra Fría. Xa tendes na Aula Virtual os epígrafes, a Presentación de Power Point e as Actividades correspondentes. Fixádevos que a entrega esta vez é para o luns. 

En canto as videoconferencias terermos dúas, mércores e xoves. 

Os alumnos que teñades algunha avaliación suspensa revisade ben que entregaches os exercicios correspondentes, dous documentos por avaliación.

Se é así e está todo completo podedes engancharvos á terceira avaliación directamente por aquí, por onde imos agora sen problema, ou se preferides, facer algunhas actividades anteriores para comprender a II Guerra Mundial ou a Guerra Civil. Iso sí, se o facedes así, enviademe un correo explicando a vosa elección e adxuntade os exericios.

Xa queda moi pouco, ánimo a todos!!

 

María Pérez 

A FORMACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL II.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Esta semana rematamos con este tema. Soamente un par de actividades e continuar lendo a novela do "Capitán Alatriste". Lembra que si tes algunha avaliación pendente tes que entregar os exercicios correspondentes.

Tendes xa os detalles e a  explicación na Aula Virtual, onde podedes subir os vosos exercicios ata o venres. Non vos olvidedes de comentar no foro de Alatriste. 

E con isto dúas sesións de videoconferencias como estas últimas semanas, a segunda delas dedicada a arte. 

Moito ánimo que xa queda menos!

 

II GUERRA MUNDIAL (II parte)

ACTIVIDADES SEMANA DO 19 AO 26 DE MAIO

Queridos alumnos:

Xe tendes disponibles na Aula Virtual as actividades de esta semana, tanto as de recuperación (2ª parte da 2ª avaliación) como as da 3ª avaliación. 

Esta semana temos tamén dúas videoconferencias programadas. 

Moito ánimo!

INICIATIVAS EMPRENDEDORAS. IMPOSTOS.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO.

Estimados alumnos:

Esta semana comezamos cos IMPOSTOS. 

Xa tendes na Aula Virtual as actividades e os epígrafes do tema. Non vos preocupedes se non tendes o libro de texto o podedes facer con información de internet. A data límite de entrega é o sábado, aínda que a idea é que o fagades antes para poder ter o fin de semana libre. 

Moito ánimo!

María Pérez

A FORMACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL I

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bo día rapaces:

Xa tendes colgadas na Aula Virtual as actividades para esta semana. Son soamente un esquema (veredes que polo tanto non hai documento de actividades, solo o lugar para entregalas) e a lectura de 3 capítulos do Capitán Alatriste, polo que a entrega adiántase ao venres. 

Se tes algunha dúbida ou algunha avaliación pendente de recuperar escríbeme un correo coma sempre.

Moito ánimo!

María Pérez

II Guerrra Mundial. Actividades da semana do 12 ao 19 de maio

Estimadas alumnas e alumnos:

 

Xa está colgada na Aula Virtual a Presentación do novo tema,a II Guerra Mundial.

Atoparedes os epígrafes, a Presentación de Power Point,o documento coas Actividades e o lugar de entrega das mesmas. 

O longo da tarde colgarei tamén a primeira tanda de actividades para  quen teña suspensa a 2ª avaliación. 

Moito ánimo!

María Pérez

Semana do 11 ao 15 de maio

Queridos alumnos e alumnas:

Esta semana seguimos co tema do Renacemento, (excepto o alumnado con algunha avaliación pendente que ten que concentrarse nas actividades de recuperación).

Xa tendes na Aula Virtual colgadas as actividades, a por elas. 

Déixovos aquí tamén a explicación por se algún se despista, e non olvidedes que temos dobre sesión de videoconferencia, a segunda (martes 3ºA e mércores 3ºB) para botar un vistazo á arte. 

Moito ánimo!

Actividades:

Tempo aproximado: 1h.30min. 

Actividades dos puntos 5, 6 e 7 do tema 10. 

O primeiro que tendes que facer é ler, comprender e suliñar estes puntos. 

Despois facedes  nun Documento de  Word  os seguintes exercicios (é obrigatorio copiar a pregunta):

  •  Claves para estudiar das páxinas 273, 275 e 277,
  • exercicio 15 da páxina 278 indicando unha das principais obras deses personaxes
  • e o 20 da 279, na que tendes que analizar a Escola de Atenas, de Rafael. 

Finalmente engadides un exercicio para o que tendes que visitar o Instagram do Museo Nacional del Prado e buscar un directo de 11 min chamado "Quienes eran Sofonisba Anguissola y Lavinia Fontana",de fai 24 semanas. Déixovos o enlace:

https://www.instagram.com/tv/B5NXPINoWxX/?igshid=1bjehk5wln8cl

Aquí podedes elexir entre contar o que máis vos chamou a atención do que explica a comisaria da exposición, Leticia Ruiz,no vídeo sobre as dúas pintoras do século XVI, ou comentar unha das obras da exposición, dando os datos princiapais da mesma e dicindo por que vos gustou. 

Este último exercicio Forma parte do programa Quérote +,polo que reuniredes tódalas vosas impresións e comentarios nun documento de DRIVE que compartirei con vos e que quedará como testimonio do voso traballo. 

Traballo da semana do 5 ao 12 de maio.

Moi boas, queridas alumnas e alumnos de Historia de 4º da ESO:

Esta semana continuamos, os que teñen todo aprobado coa Guerra Civil española, e os que teñen que recuperar, coa 2ª parte da 1ª Avaliación. 

Xa está dispoñible o traballo na Aula Virtual, tendes ata o martes que ven para completalo. 

Moito ánimo! Xa queda menos. 

 

Maríá Pérez

. Humanismo e Renacemento. Semana do 4 ao 8 de maio.

Boas chicas e chicos:

É un pracer para min presentarvos o novo tema de Historia. É sen dúbida dos meus favoritos. Soamente me pesa que non poida ser en persoa, pero espero transmitirvos por aquí un pouco da pasión pola arte e a historia deste período. 

Esta semana:

  • Teremos dúas sesións de videoconferencia por grupo, comprobade as datas e horarios no calendario. 
  • Os alumnmos coa 2ª avaliación suspensa teñen un traballo especial, que se lles enviará ao seu correo persoal e que tamén está colgado na Aula Virtual. 
  • O resto xa ten dispoñible as actividades da 3ª Avaliación para esta semana na Aula Virtual tamén. 
  • Por outra parte, veredes que esta semana hai unha actividade especial, a número 5. Para compartir os resultados entre cada grupo crearei un documento de Drive ao que seredes invitados por correo. Espero que distrutedes da actividade!

Moito ánimo, as cousas xa teñen que ir mellorando.

ESPAÑA: DA CRISE DA RESTAURACIÓN Á GUERRA CIVIL. Actividades

Estimados alumnas e alumnos:

Xa tendes na Aula Virtual as actividades de Historia para esta semana do 29 de abril ao 5 de maio para o alumnado que ten todo aprobado. 

Moito ánimo!

REFORZO para RECUPERAR a 1ªAV. 4ºESO

Estimadas alumnas e alumnos:

Xa están colgadas na AulaVirtual as primeiras actividades para o alumnado que ten que recuperar a 1ª Avaliación de Xeografía e Historia. 

A data de entrega é o martes que ven(5 de maio), e son obrigatorias para o alumnado coa 1ªAvaliación suspensa. O resto non as ten que facer, mañá subirei o traballo para o alumnado que ten todo aprobado. 

A maior parte dos alumnos que teñen suspensa a primeira avaliación tamén teñen suspensa a 2ª, polo que cando rematemos as actividades da 1ª comezaremos coa 2ª. 

Moito ánimo. 

 

SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO. A IDADE MODERNA

Estimadas alumnas e alumnos:

Espero que vos atopedes ben e con forzas para seguir traballando. 

Esta semana continuamos cun traballo sinxelo e non moi longo.

Ledes o resto do tema e suliñade o máis importante. 

Facedes o esquema do exercicio 14 da páx.254 (excluindo as exploracións xeográficas). 

Por outra parte debuxades ou imprimides a silueta dun  mapa do mundo e nel marcades  as rutas dos principais fitos dos descubrementos tanto portugueses como castelás.

O escaneades ou fotografiades o traballo  e o subides a Aula Virtual. 

Moito ánimo

INICIACIÓN A LA ACTIVIDAD EMPRENDEDORA Y EMPRESARIAL ( para los alumnos de esta materia)

Bo día a todos:

Xa tendes na Aula Virtual as instruccións para a Actividade de" Iniciación a la Actividad Emprendedora y Empresarial". Tema 1. A entrega pode ser dende hoxe ata o xoves 30 de abril. É unha actividade que fomenta a empatía, a colaboración co noso entorno e a creatividade. 

Moito ánimo!

María Pérez

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930