blogue defatimagg

NUTRIESCOLAS 0. CURSO 2022-2023

Este curso os nenos e nenas de Educación Infantil, participaron nun Plan Proxecta pertencente á modalidade NUTRIESCOLAS 0.

Nel traballaron acerca de cousas relacionadas co mundo do mar, vida mariña,  e conservas entre outras cousas.

No arquivo adxunto podedes ver algúns exemplos de actividades realizadas.

Esperamos sexa do voso agrado.

Un saúdo.

PROXECTA 2021-2022. ALIMÉNTATE BEN.

Este curso os nenos e nenas de Educación Infantil, participaron nun Plan Proxecta pertencente á modalidade Aliméntate Ben.

Nel traballaron acerca de cousas relacionadas co mundo do mar, vida mariña,  e conservas entre outras cousas.

No arquivo adxunto podedes ver algúns exemplos de actividades realizadas.

Esperamos sexa do voso agrado.

Un saúdo.

A Meteoescola dos Pequeniños.

Durante este curso os Pequeniños do Cole traballaron no Proxecto Meteoescolas de forma xeral e globalizada adecuada a idade dos alumnos e alumnas. 

Na aula traballaronse as diversas estacions que vivimos durante o curso escolar :Outono, Inverno e Primavera.

Tamén se traballaron diversos fenómenos atmosfèricos de diferentes formas.

Mediante experiencias, vivencias, imaxes e ideas os nenos e nenas puideron profundizar nesas cousas que lles causaban tanto interese.

Realizaban moitas preguntas que se trataron de responder da forma máis sinxela posible adaptaba a súa corta idade.

Moitos dos fenómenos atmosfèricos foron experimentados de xeito especial xa que se apreciaban no patio de recreo ou a través da fiestra da aula. Outros alumnos contaban a os compañeiros cousas que viran desde a sùa casa ou cando ìan coas familias a algún lugar sobre todo pasear ao campo ou a neve. 

En algunha ocasión, dentro do posible, fixemos algunha representación dentro da aula de xeito ficticio outorgando vida a seres inanimados e traballando estes como se tiveran unha vida normal :O Señor Sol ìa a Escola a xogar cos seus amigos, ou a Lùa estaba triste entre outras.

 

Para coñecer máis cómo traballaban "as persoas que miran o tempo" subimos á estación meteorolóxica que temos no centro e resultóulles unha experiencia moi interesante. Comprender que desde alí se podía coñecer canto chovìa ou a temperatura para eles supuxo un gran descubrimento. 

Os nenos e nenas sentìronse moi motivados co tema da metereoloxìa e están desexando coñecer máis cousas. Tiñan moito interese e seguramente lles quedaron moitas inquedanzas. 

Seguiremos vendo fenómenos increìbles.

****A continuación dèixase o enlace dun video donde queda unha pequena mostra de cousiñas que fixeron e de imaxes coas que traballamos ou que descubrimos a través da nosa fiestra de aula. 

Letras Galegas 2021

Estimadas familias.

Esta semana celebramos no cole as Letras Galegas.

Aínda que o seu día propio é o Luns 17 de Maio, estivemos coñecendo a autora á que este ano se lle dedica este día Dona XELA  ARIAS.

A data de celebración deste evento, o antes nomeado 17 de Maio, débese a que tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural de Galicia. Por esa razón converteuse nun día festivo en Galicia.

Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega.

Como antes se dixo; este ano a escollida foi Xela Arias.

Para que coñezades un pouco da súa vida, aquí quedan uns enlaces que vos levarán a uns vídeos de aprendizaxe.

https://www.youtube.com/results search_query=cancion+con+pictogramas+xela+arias

 

https://www.youtube.com/watch?v=PcR_h94iO98

 

O día das letras galegas serve tamén para profundizar na Lingua Galega e por en valor a súa importancia e sinal de identidade.

Como en todos os actos que conmemoran este día se escoita o HIMNO GALEGO, aquí queda o enlace dun video onde o podemos escoitar.

https://www.youtube.com/watch?v=hmXAB9rvFWE

*** Senón podedes acceder directamente a os vídeos, podedes copiar a dirección e pegala no buscador e accederedes a eles.

 

A parte da celebración deste día, desfrutamos tamén duns dias de descanso que poderemos aproveitar ao máximo ainda que teñamos que ter en conta a situación que nos rixe.

Recordamos que anque o Estado de Alarma se rematara, o virus da COVID 19 segue presente e temos que ter coidado.

Desexamos que disfrutedes moito e que aproveitedes estes días.

Vémonos o vindeiro Mércores.

Un saúdo.

 

ARRIBADA E 8 DE MARZO

 

Estimadas familias e nenos!

 

Esta fin de semana estaríamos de festa celebrando a Arribada se non fose porque Don Coronavirus anda de visita e parece que alongou tanto o seu paseo que aínda non se decidiu a marchar.¡Vése que anda agusto!

 

Don Martín Alonso Pinzón chegaría a Baiona alá polo ano 1493 ben contento na súa Carabela Pinta.

 

Convencido de que descubrira o Novo Mundo!Supuxo un cambio para a historia, non só Europea, senón case case do mundo enteiro.

 

Posto que non podemos contar coas mostras teatrais que nos ensinan a súa chegada, cos seus máxicos animais mensaxeiros, nin cos obradoiros artesáns e doces propios desta época... estamos un pouquiño tristes pero de seguro que cando se poida celebrar a Arribada será tan máxica e misteriosa coma sempre.

 

Cómo na boa memoria non só queda o que se ve, senón tamén o que se disfruta, desde esta etapa convidámosvos a que recordedes os momentos especiais da vosa Arribada propia e que se tendes oportunidade visitedes unha vez máis a Carabela A Pinta para recrear uns momentos históricos e especiais.

 

 

Nestes enlaces podemos rememorar algunhas esceas que nos encherán de ledicia e sacar un pouco a morriña.

 https://www.youtube.com/watch?v=PMkaY_PYhYc

https://www.youtube.com/watch?v=eOvKD_T7BJU

 https://www.youtube.com/watch?v=a-ypcnIBuFg

 

Outra cuestión que nos toca esta semana e a celebración de un día tamén importante.

Estamos próximos ao día 8 de Marzo.

Nesta data celébrase o Día Internacional da Muller, para dar visión ós logros conseguidos ao longo do tempo e co paso deste. Todos os días son días cruciais para apostar pola igualdade entre mulleres e homes, e tódolos días sen darnos conta estamos ensinando que tanto homes como mulleres poden facer as mesmas cousas e ter gustos e afeccións similares.

Profesións e oficios poden ser desenvoltos por calquera persoa independentemente do sexo que sexa.

 

Convidámosvos a que traballades cos vosos cativos mediante a fala e a palabra.

Quizáis coñezades a unha muller mariscadora, a unha patroa de barco ou costureira de redes e nasas.

Tamén podemos falar das labores que levan a cabo indistintamente homes e mulleres,científicos, escritores,médicos...

Mediante a fala en familia conseguiremos poñernos no seu lugar por un momento e comprobar o ben que levan os nenos e nenas os xogos simbólicos en conxunto: Cociña e Supermercado, Bonecas...lonxe dos prexuízos que se podan atribuír a implicación en unha actividade ou en outra.

A educación en igualdade debe ser un obxetivo común, sen xéneros e universal.

 

A continuación deixamos uns recursos que poden facilitar o traballo neste día.

 

ROSA CARAMELO

https://www.youtube.com/watch?v=eqLfmacRU0k

EL PRÍNCIPE CENICIENTO

https://www.youtube.com/watch?v=YJpWnXlp3SQ

DANIELA PIRATA

https://www.youtube.com/watch?v=iMJVWcLJcTs

¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!

https://www.youtube.com/watch?v=45ZVNAF2R_o

 

Esperemos que pasedes uns momentos bos, divertidos e alegres.

 ***Se non conseguides entrar nos enlaces , podedes seleccionalos e acceder a eles ou copialos e pegalos no buscador e xa vos aparecerán os contos e os vídeos de xeito directo.

NADAL 2020

NADAL 2020

 

Estimadas familias e nenos e nenas de Educación Infantil.

Despois deste ano tan complexo chega o Nadal, data sempre importante e alegre pero que sen dúbida este ano será diferente e recordada por todos.

Foi un ano cheo de cambios e de adaptación para todos e todas pero con esforzo conseguimos ir superando pasiño a pasiño os atrancos que se nos foron presentando.

Un ano atípico de todo, de dúbidas, medo, incerteza e tamén de distancias.

Todos tivemos que enfrontarnos a esta adversidade e facernos fortes.

Son tempos duros e algo estraños pero o importante é manternos unidos .

 

Para que este Nadal teñamos presentes os costumes e non nos esquezamos que a alegría é indispensable para vivir de boa maneira, deixamos un documento adxunto onde podemos ler acerca dunha das tradicións galegas do Nadal, importante e peculiar nestas datas, e menos coñecida, como é a figura do Apalpador.

 

Tamén son importantes e unha fonte cultural xenial, as Panxoliñas. Por esa razón incluímos unha breve explicación  delas e un recopilatorio de cancións deste tipo.

 

Moi coñecido é Rodolfo o reno, ós vosos nenos e nenas encántalles. Teñen no documento unha película para vela.

Agardamos que desfrutedes do proposto e que vos guste.

 

Todo o equipo de Educación Infantil e os nenos e nenas que forman parte desta gran familia, desexamos que teñades unhas moi Felices Festas.

Que as vosas casas se enchan de ledicia e de sentimentos especiais e que o ano próximo que vai entrar se presente desde o seu comezo con cousas boas.

Anque seguro que imos recibir moitos agasallos, este ano pediremos ós Magos de Oriente e a Papá Noel que nos deixen saúde, paz, amor, felicidade e traballo para quen o precise.

 

Os nosos mellores desexos para todos vós.

 

FELICES  FESTAS !

 

BO  NADAL  E PRÓSPERO ANINOVO 2021.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL.

Queridos nenos e nenas e queridas familias!!

Comeza unha nova semana e aquí vos traemos novas tarefas pensadas para que levedes a cabo na casa.

Xa sabemos que o estades a facer todos moi ben e desde aquí seguimos dándovos ánimo e recordándovos que sodes uns heroes.

O RETO que vos imos propoñer esta semana é que fagades e creedes receitas saudables.

Por exemplo unhas brochetas de froita, biscoito de froitas, zumes exóticos....Pódensevos ocorrer unha morea de ideas.

Deste xeito traballaremos a motricidade fina , a alimentación saudable e tamén o traballo en equipo e en familia que nos vai enriquecer moito a todos esta temporada.

Debemos continuar coas rutinas establecidas e seguir traballando a autonomía que a estas idades é moi importante.

Podedes enviar fotos da vosa creación ata o venres día 24.

 

Para esta semana tamén vos propomos que traballemos os números e o conteo de forma divertida así como as sumas e restas. Con cousas que temos na casa podemos realizar as operacións de xeito visual.

Cada familia adaptará ao nivel do seu pequeno ou pequena o traballo e poderá recordar o mundo das matemáticas.

En ficheiros adxuntos pódense ver algúns exemplos.

 

Esta vez cambiamos o conto por unha canción.

A canción de esta semana mestura linguaxe falado coa linguaxe de signos e parécenos unha proposta moi interesante para que os nenos vexan esta diferente forma de comunicación ea importancia que esta supón.

A canción atópase premendo no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=200s

 

Como estamos todos moi tristes porque non podemos celebrar os aniversarios con vós na aula e con todos os vosos compañeiros,deixamos unha felicitación para todos .

Moitos parabéns a todos pequenos e pequenas que cumprides anos nestes días.  Moitos biquiños grandes.

A felicitación está tamén nos documentos adxuntos.

Esperamos que desfrutedes desta nova semana. Non vos esquezades enviar as fotos do Reto desta semana.

As fotos recibidas do RETO DA SEMANA PASADA,nomes creativos, aparecen nunha composición realizada que podedes atopar tamén na pestana de adxuntos .Moitas grazas a todos pola vosa participación.

 

Un saúdo para todos e unha aperta grande. Pasade moi boa semana.

VÉMONOS AXIÑA.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031