FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022/23

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

ConvocatoriaOrde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B). (Enlace á Orde no Diario Oficial de Galicia)

 

Prazo:

Do 19 de maio ao 22 de xuño. Non se admiten solicitudes fóra de prazo.

Solicitudes:

·      Presencialmente no centro onde cursará estudos no 2022/2023, solicitude (Anexo I), Anexo II (debidamente asinados) e documentación. (Enlace a Anexo I e Anexo II)

·      Realizar a solicitude na aplicación FONDOLIBROS, (Enlace á aplicación)  e posteriormente presentala:

1.  Presentación no centro ( imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación.

2.  Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.(procedemento ED330B). (Enlace á Sede Electrónica da Xunta de Galicia)

Documentación:

·    Solicitude, Anexo II (debidamente asinados) e documentación complementaria que queira aportar segundo a Orde do 29 de abril de 2022 (Enlace): libro de familia ou similar. De ser o caso, certificado de discapacidade e/ou sentencia de separación.

Axudas que se conceden ao alumnado 2022/2023:

  • Ed.Infantil: non hai axudas ao non ser unha etapa obrigatoria.
  • 1º e 2º Ed.Primaria: axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
  • 3º e 4º Ed.Primaria: cesión do Fondo Solidario de libros de texto e axuda para adquirir material escolar.

Grupos E-Dixgal:

  • 5º e 6º Ed.Primaria: axuda para adquirir material escolar. Non hai libros de texto.
  • ESO: axuda para adquirir material escolar. Non teñen dereito ao Fondo Solidario de Libros. O centro pon á disposición do alumnado o Banco de libros propio para o alumnado de 2º e 4º ESO,(1º e 3º adaptaranse aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro de modificación da Lei orgánica de educación  (LOMLOE). (Enlace)

             BANCO DE LIBROS PROPIO DO CENTRO:

Para acceder ao mesmo deben realizar a petición a través do formulario de solicitude. Os fondos serán repartidos ata fin de existencias en primeiro lugar ao alumnado beneficiario da axuda de material e a seguir por rigorosa orde de solicitude a través do formulario.

          Requisitos:

  • Ser alumnado do centro no curso 2021/2022
  • Devolver en bo estado os libros prestados.

 

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031