Seguimos con máis ritmos...

Con este xogo de aprendomusica.com seguimos practicando ritmos en tres niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. A ver quen consegue resolver os tres niveis!!! Ánimo!!!

 

29 DE MARZO, DÍA DO PIANO

Hoxe celébrase o Día do Piano 2019. Sabedes por que? Pois porque hoxe é o día 88 do ano, o cal coinicide coas 88 teclas do piano. Para festexalo, estes días celébranse por todo o mundo moitos eventos pinanísticos.

Como non se pode saír da casa, clicade na imaxe do piano de cola e poderedes ver como é o proceso de construcción dun piano. Espero que vos guste!

Ánimo!

 

RECORDANDO AS POSICIÓNS DAS NOTAS NA FRAUTA DOCE

Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para os alumnos/as de 3º curso, que se están iniciando no manexo da frauta doce pero que axiña se convertirán en expertos músicos...

De todos os xeitos, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso tamén lle podedes botar unha ollada se o precisades!!!

 

Practicamos a colocación das NOTAS MUSICAIS no pentagrama

Con este xogo de aprendomusica.com poderes practicar a colocación das Notas Musicais no pentagrama. A ver quen consegue máis puntuación!!!

INICIACIÓN Á COLOCACIÓN DAS NOTAS MUSICAIS

Este xogo de aprendomusica.com é unha iniciación á identificación da escala de notas musicais. Debedes de comezar polo nivel máis inferior e ir incrementando a dificultade a medida que vos atopedes seguros! Ánimo a eses futuros músicos!!!

 

Repasamos contidos básicos da linguaxe musical

Estes exercicios de aprendomusica.com son de repaso dos contidos máis básicos de Linguaxe Musical, que estudiamos nos temas anteriores. Adiviñaredes as catro preguntas???

 

CernaBlogs

Artigos recentes