Partitura LOS SIMPSONS

Os rapaces e rapazas de 6º A e 6º B van aprender unha alteración máis, o Fa#. Para iso imos traballar unha coñecida melodía, pequena pero complexa, a música dos debuxos animados, Los Simpsons.

 

E se fas feliz a alguén regalando MUSICA?

Á marxe das cousas materiais e que temos a montóns, EnClave Suzuki tivo unha idea interesante: regalar a experiencia de tocar un instrumento (violín ou viola)!!! Dende os 3 aos 99 anos, podedes ser destinatarios deste regalo, que consiste nunha "caixiña musical" que podedes mercar en O Pazo das Musas (Santiago de Compostela). Verdade que mola??

 

Clicando nunha destas imaxes podedes ler máis información sobre o tema.

musicoteca.es

Esta páxina web é unha especie de biblioteca musical onde poderedes escoitar a música que máis vos guste, posto que contén todos os estilos musicais: pop, rock, country, folk, blues, techno, música clásica... creada por un profesor de informática de Albacete. Ademáis, podedes mandarlle suxerencias para que inclúa novos autores. En  resumo, unha especie de "Spotify" pero de balde. Botádelle unha ollada e veredes que ben está!!!!

CONTINUAMOS COS COMPASES...

Nesta entrada de musicameruelo.wordpress.com podedes repasar a teoría dos apuntamentos dos compases. Botádelle unha ollada cando estudedes para o exame!!!

IMOS PRACTICAR AGORA COS ACENTOS

 

Neste enlace de aprendomusica.com atoparedes unha serie de melodías que debes escoitar para logo colocarlles os acentos a aquelas figuras musicais que se pronuncian con maior forza, tendo en conta os tempos fortes e débiles de cada tipo de compás. Para músicos expertos coma vós será moi sinxelo!! Animádevos a probar!!!

EXERCICIOS DE REPASO DOS COMPASES

Clicade na imaxe para facer os exercicios de repaso desta unidade (aprendomusica.com). Veredes que sinxeliños son...

 

 

Repasamos contidos básicos da linguaxe musical

Estes exercicios de aprendomusica.com son de repaso dos contidos máis básicos de Linguaxe Musical, que estudiamos nos temas anteriores. Adiviñaredes as catro preguntas???

 

RETROJAM, a banda sonora da túa vida.

 

Poñédeslle música á banda sonora da vosa vida? Isto xa é posible cun só clic.

Retrojam é unha app coa que podedes desfrutar das cancións que soaron dende o ano do voso nacemento ata o momento. Esta especie de viaxe ao pasado percorre as décadas musicais dende 1950 ata a actualidade.

O seu funcionamiento é moi sinxelo. Debedes de introducir a vosa data de nacemento e por arte de maxia atoparedes unha lista de reprodución coas cancións que máis soaron dende os vosos primeiros días. Seguramente, moitas cancións non vos resultarán familiares, en función do que escoitabades segundo os vosos gustos musicais, pero outras moitas recordaranvos situacións memorables asociadas á vosa infancia ou xuventude.

A aplicación permitiravos reproducir a lista de cancións en Spotify de balde e incluso mercar a música por iTunes.

Para escoitar a vosa banda sonora, clicade na imaxe e xa descargades directamente a app.

 

 

Novas APP de Ópera para o público infantil e xuvenil

Ópera XXI, a Asociación de Teatros, Festivais e Temporadas Estables de Ópera presenta dúas aplicacións para móviles e tabletas a través das cales os nenos poden achegarse ao mundo da ópera. As dúas aplicacións, denominadas Play Ópera e Vamos a la Ópera están dispoñibles para descarga de balde en IOS e Android.

 

Vamos a la Ópera

Esta aplicación, recomendada para nenas/os de entre 6 e 12 anos, propón acompañar a un grupo de escolares na súa visita a un teatro de ópera.  Unha guía acompañará ao grupo que descubrirá como funciona o teatro e a cantidade de funcións e oficios que se poñen en marcha para producir un espectáculo de ópera.

 

Play Ópera

É unha innovadora aplicación musical que presenta cinco fragmentos de cinco óperas de amor, ilustradas por recoñecidos artistas, que persegue emocionar aos nenos  coas historias de amor de príncipes, princesas, labradores, bufóns, duques e asasinos. Nela poderedes atopar unha ficha dos personaxes e unha sinopsis da ópera á que pertencen: La Flauta Mágica de Wolfgang Amadeus Mozart, Turandot  de Giacomo Puccini, La Cenerentola de Gioachino Rossini, Rigoletto de Giuseppe Verd e Luisa Fernanda de Federico Moreno Torroba.

 

Se queredes descargar algunha destas App, clicade na imaxe.

 

 

CernaBlogs

Artigos recentes