Graduación Ed. Infantil

OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL COÑECEN PRIMARIA

Remata unha etapa e comeza outra. Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan unha mochila cargada de experiencias e emocións, que sen dúbida lles vai ser moi útil para afrontar o paso á Ed. Primaria con moitas ganas e ilusión.

Porén, quixemos axudarlles nesta transición, e o mércores día 21 de xuño, o alumnado de 1º de Ed. Primaria recibiunos nas súas aulas. Alí, ademais de darlles a benvida a esta nova etapa, titorizáronos nunha entretida actividade, e explicáronlles coas súas palabras como era primaria. Finalmente, compartiron merenda e agasalláronos cun pequeno detalle, para celebrar o seu paso de etapa.

Agora só nos queda desexarlles un estupendo verán a todos, no que brinquen, desfruten e o pasen moi ben en compañía das súas familias!

Aquí vos deixamos unhas fotos e vídeos da experiencia; esperamos que vos gusten!

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión