Kandinsky

Acróstico de Kandinsky.

A semana pasada na durante a hora do proxecto lector estivemos aprendendo o que era un acróstico, lemos varios e explicamos como tiñamos que facer se queríamos escribir un. Despois de facer algunha proba en parellas e de maneira individual coas letras do noso nome, chegou a tarefa de escribir un acróstico utilizando as letras do nome de Kandinsky. Como este apelido non é español costounos un pouco pensar palabras que empezasen por k ou y por iso estivemos utilizando o diccionario.

Escribimos a nosa autobiografía.

Na aula de 3ºA seguimos traballando con Kandinsky.

Seguindo a súa biografía e as cousas que aprendimos sobre unha biografía esta semana escribimos a nosa autobiografía. Velaí tendes algúns exemplos:

Traballamos co Tangram.

Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando co Tangram.

A Kandinsky gústaballe moito pintar cadros xeométricos e nos utilizamos o Tangram para formar figuras xeométricas.

Tivemos que formar triángulos con 2, 3, 4 e 5 pezas. Logo cadrados con 2, 3, 4 e 5 pezas. Por últimos pentágonos con 3, 4 e 5 pezas. 

Buscamos ángulos.

A semana pasada na clase de matemáticas estivemos traballando os ángulos. Sabemos que hai ángulos agudos, outros rectos e outros obtusos.

Nun dos cadros de Kandinsky buscamos todos os ángulos que había e rodeamos de azul os agudos e verde os rectos. Despois, chegamos á conclusión de que non había ningún ángulo obtuso porque non había ángulos máis grandes que o recto.

Caligramas de Kandinsky.

 


Estes días @s nen@s de 3ºA de Primaria estivemos traballando os pareados e puxémonos a inventar unha chea deles.
Tamén aprendimos o que era un caligrama e foi entonces cando se nos ocorreu misturar as dúas cousas e facer caligramas-pareados sobre Kandinsky.


Cada un de nós inventou o seu pareado e aínda que, ao primeiro nos custou un pouco iso de escribir en torno ao debuxo o resultado final non quedou mal. Deixamos algún exemplo para que vexades o noso traballo.


 

Figuras xeométricas nos cadros de Kandinsky.

Esta semana @s nen@s de 3ºA estivemos traballando sobre Kandinsky na clase plástica, deste xeito ademáis da competencia artística desenvolvemos a competencia matemática. 

O que fixemos foi copiar un cadro xeométrico de Kandinsky pero tivemos que facelo con plastilina, así, estivemos modelando cadrados, círculos, rectángulos, triángulos, liñas abertas e pechadas...

Velaí tendes o resultado final, esperamos que vos guste.

Debuxamos e medimos un cadro concéntrico.

Como a Kandinsky lle gustaba moito facer cadros xeométricos e o de "Círculos Concéntricos" nos encanta, esta semana na clase de matemáticas tivemos que debuxar o noso propio cadro de círculos concéntricos.

A nosa profe deunos un cadrado de papel no que marcamos o centro. Logo, e tomando como referencia ese centro, tivemos que ir debuxando con rotuladores círculos ata completar todo o cadrado.

Descrición de Kandinsky.

Ao longo desta semana @s alumn@s de 3ºA tocounos describir a Kandinsky.

Agora que sabemos un montón de cousas sobre a súa vida, a nosa profe deunos unha foto e tivemos que falar de como era este pintor, tanto físicamente como a nivel de carácter.

A foto axudounos moito co aspecto físico pero para describir a súa forma de ser tivemos que pensar no que leramos sobre él.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión