Debuxamos e medimos un cadro concéntrico.

Como a Kandinsky lle gustaba moito facer cadros xeométricos e o de "Círculos Concéntricos" nos encanta, esta semana na clase de matemáticas tivemos que debuxar o noso propio cadro de círculos concéntricos.

A nosa profe deunos un cadrado de papel no que marcamos o centro. Logo, e tomando como referencia ese centro, tivemos que ir debuxando con rotuladores círculos ata completar todo o cadrado.

Unha vez feito isto chegou o momento de medir. Coa nosa regra fomos medindo o radio de cada círculo e logo multiplicabamos por 2 para calcular o diámetro.

Ao principio liámonos un pouco con iso dos milímetros pero logo o entendemos e resultou máis fácil do que parecía e super divertido.

Amosámosvos unha foto do resultado final.

Igualdade, Convivencia e Inclusión