Iguala-T

MENÚS DA SEMANA DAS CULTURAS

Esta semana no Cpi de Castroverde, estivemos celebrando a semana das culturas e dende o servizo de comedor aproveitamos para degustar menús novos propios de estas tres culturas. O mércores conmemoramos a cultura india, e poidemos saborear o polo tandori e arroz con uvas pasas.  O xoves tocoulle á cultura marroquí, e comemos ensalada tabule, e o venres tocoulle á cultura latina, e degustamos unha fajitas recheas de arroz, polo e salsa de tomate, acompañados de ensalada de leituga.  Gustounos probar comidas doutras países! Noraboa pola iniciativa.

Temos que dar as gracias ás nenas e nenos que participaron na decoración desta actividade.

PRIMEIROS XORNALISTAS

Para conmemorar a Semana da Prensa e mais o 8M o alumnado de 4° levou ás aulas de Lingua Castelá figuras das primeiras xornalistas galegas, moitas delas pioneiras do movemento feminista.

 

Así mesmo, realizou unha exposición das mesmas que se poderá ver no corredor das aulas de Secundaria.

 

DÍA DA MULLER NA BIBLIOTECA

Na biblioteca celebramos o Día da muller con murais feitos polo alumnado de infantil e primaria e pósters diseñados polo alumnado de secundaria. Ademáis, fixemos unha exposición de libros sobre a temática.

Distribuir contenido