CP-INNOVA

PORTADA ROMÁNICA DA AULA MAKER

 

Esta é a nosa portada románica da a Aula Maker. Pareceunos un motivo excepcional: a Aula Maker forma parte da biblioteca, e as portadas románicas eran como auténticos libros de imaxes para un pobo analfabeto.
Enmarcada no proxecto sobre o Camiño de Santiago que estamos a desenvolver este curso, esta portada imita as de tantas igrexas de estilo románico que atopamos no Camiño.
O románico foi o primeiro gran estilo arquitectónico común a Europa occidental durante a Idade Media, en gran parte grazas ao Camiño de Santiago. Esta portada, inspirada sobre todo na de San Trófimo de Arlés, en Francia, presenta a Apocalipse. Está elaborada en papel de periódico con cola e auga.
Durante a realización desta portada, o alumnado voluntario dos cursos 3º a 6º de primaria e de toda secundaria, traballou a psicomotricidade fina, experimentou coas texturas, con diferentes técnicas de manualidades,  aprendeu vocabulario artístico, investigou sobre iconografía relixiosa... En definitiva, o alumnado voluntario traballou a competencia lingüística, a matemática, a dixital, a competencia de aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido de iniciativa e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais.
Parabéns a todo o alumnado participante, e en especial ás artistas medievais de secundaria que elaboraron as complicadas figuras do tímpano con total autonomía.

SUSTAINABLE COOKING. 6th of primary

We want to  cook with local ingredients because the CO2 emissions are lower and it is good for our health. We try to use as many as possible in these recipes. Click on the image to see them.

 

 

Distribuir contenido