Avisos
CAMBIO DE DATAS DE COMEZO DE CURSO EN SECUNDARIA
AS NOVAS DATAS DE COMEZO DE CURSO EN SECUNDARIA QUE COMUNICA A CONSELLERÍA SON AS SEGUINTES:
MÉRCORES 23 DE SETEMBRO: 1º E 2º DA ESO
XOVES 24 DE SETEMBRO: 3º DA ESO
VENRES 25 DE SETEMBRO: 4º DA ESO
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889
VALE DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO (1º E 2º de EP) E MATERIAL ESCOLAR
As persoas responsables do alumnado matriculado en primaria ou ESO, que presentaron a solicitude das axudas para adquirir libros de texto e material escolar, poderán recoller o vale que lles corresponda a partir do 1 de setembro en administración do CPI Plurilingüe de Castroverde.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NO PROCESO DE ADMISIÓN
As familias que presentaron neste centro a solicitude de admisión para o vindeiro curso están todas admitidas, non obstante poderán consultalo no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar ou a través da aplicación admisión alumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
ADMISIÓN DE ALUMNADO
Abrese de novo o proceso de admisión de alumnado entre os días 11 e 18 de maio de 2020. Poden facer a solicitude de tres formas:
1.De forma telemática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
2. Cubrindo o documento que se achega e remitíndoo a cpi.castroverde@edu.xunta.es
3. Presencialmente, solicitando cita previa no teléfono 982870175.
Xunto coa solicitude precisamos que nos remitan copia do DNI ou copia do libro de familia (de todas as follas con inscripcións).
Aclaración: o proceso de admisión é unicamente para o alumnado que non estivera matriculado no centro con anterioridade (non confundir coa matrícula da que xa se informará no seu momento a todas as familias a través de AbalarMóbil e nesta Web)