Dinamización da Lingua Galega
CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA
No 182 cabodano do seu nacemento, os alumnos/as do Centro rendéronlle unha sinxela homenaxe obsequiando á comunidade escolar coa lectura de poemas dos libros “Cantares Gallegos” e “Follas Novas”.
Varios alumnos/as de 3ºESO e o seu profesor, tocaron Negra Sombra , usando como instrumentos “Ocarinas”.
Os alumnos/as de 5ºE.P. fixeron unhas ilustracións de cada un dos poemas que lles tocou ler.
FEDERICO GARCÍA LORCA
VIVINDO A POESÍA EN COMUNIDADE
O próximo martes 26 de febreiro terá lugar unha intensa xornada de lecturas compartidas en galego e en castelán sobre distntos fragmentos da obra de Federico García Lorca. Esta actividade, que implica á totalidade do centro educativo, está coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Animamos a todos e todas a pasar pola biblioteca e presenciar a maxia da poesía lida polos rapaces e rapazas do CPI Plurilingüe de Castroverde.
1ª hora | 2ª hora | 3ª hora | 4ª hora /5ªhora | tarde |
3º ESO | 4º ESO Aplicadas | 4º ESO Académicas | 2º ESO | 4º ESO APLICADAS |
1ºEP+5º EP | 2º EP +6º EP | 3º EP | 4º EP | 2º EP +6º EP |
DÍA DE ROSALÍA NO CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE
O día de Rosalía celebrouse con múltiples actividades na biblioteca do CPI de Castroverde nas que participaron o alumnado de primaria e de secundaria.
Agradecemos ós equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega o intenso traballo realizado.
O alumnado, dirixido por Cándido Díaz, interpretando Negra Sombra coas ocarinas elaboradas coa impresora 3D. |
Cando penso que te fuches, |
CIENCIA NA BIBLIOTECA
Sendo novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, quixemos acercar as nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria á Biblioteca, para ver unhas exposicións de invertebrados ( insectos, arácnidos, crustáceos) , minerais e rochas, e tamén ver uns experimentos sinxelos.
![RSS - Dinamización da Lingua Galega Distribuir contenido](/centros/cpicastroverde/misc/feed.png)