Dinamización da Lingua Galega

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 

O día 8 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu á conferencia de Luís Liz Marzán sobre “ A nanotecnoloxía no Ano Internacional de Táboa periódica” para celebrar o Día da Ciencia en Galego.

Luís Liz Marzán é un científico Lucense, Premio Nacional de Química 2018 pola súa contribución aos campos da química coloidal, actividade que estudia os nanomateriais para a curación do cancro.

CHARLA COLOQUIO CON ÁNXELA GRACIÁN

O 27 de  maio estivo con nós  Ánxela Gracián, veu falar do libro “ As voces da auga”, novela gañadora do VIII Premio Meiga Moira 2018 de Literatura infantil e xuvenil , e que destaca pola calidade da lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade  xeográfica e cultural ben distante, a chinesa.

 

VISITA DE SABELA NÚÑEZ SINGALA

O mércores 3 de abril, visitounos Sabela Núñez Singala para falar do seu libro “ O agasallo de Anya” que leron os nenos/as de 5º e 6º de E.Primaria, e 1º, 2º ESO. Despois dunha exposición sobre as orixes do libro e outros aspectos relacionados co mesmo, Sabela contestou a moitas preguntas que lle fixeron os alumnos/as.

Distribuir contenido