O MURAL XA VAI TOMANDO FORMA

PROXECTO DO HORTO SOSTIBLE

Na titoría, o alumnado de 2° ESO colgou os hoteis de insectos que fixeron aredor do horto. Os insectos vannos  axudar para combater as pragas. 

Ademais, hoxe tamén usamos a tecnoloxía no horto. Os rapaces descubriron para que serve un detector de metais e como usalo na natureza. Vimos que clases de obxectos podemos atopar na terra grazas ao detector e usámolo para atopar o lixo e sanear o espazo onde imos plantar as flores e as hortalizas. 

 

Ata houbo quen atopou un tesouro!

TORNEO CULTURAL CON FRANCIA

O alumnado de francés de 3 ESO fixo unha videoconferencia cos rapaces de Amiens (do programa internacional Galimiens). Durante unha hora, xogaron a contestar ás preguntas culturais que prepararon previamente. Comunicáronse nas duas linguas con gran éxito e aprenderon cousas novas da cidade de Amiens. A loita foi dura mais ganou Castroverde! Pasámolo moi ben, xa estamos pensando en facer outra quedada! Aquí non descansamos, sempre estamos argarllando algo!

NOVO MURAL DE DIEGO AS NO CPI DE CASTROVERDE

Ollo! Novas artísticas! 

Sabedes quen está a traballar no patio estes días? 

Imosvos dar pistas:

- É famoso

- É un artista

- Fai arte urbano

- Pinta (moi moi ben)

- Fai graffitis 

- É o autor do mellor graffiti do mundo,  é dicir, do mural de Julio César situado a carón da muralla de Lugo!!!!

Eu se o vexo por ahí casi que lle pediría un autógrafo...

A ver que impactante obra vai aparecer por arte de maxía no muro do CPIP de Castroverde en breve...

Distribuir contenido