VIDEOCONFERENCIA CON BRIEC

Hoxe o alumnado de 3°ESO de francés tivo a sorte de ter unha emocionante  videoconferencia co alumnado francés do colexio de Briec.

Fixeron 3 xogos colaborativos en equipos cos seus amigos franceses. O tempo pasou voando e foi divertido e estresante! Conseguiron comunicarse e entenderse sen axuda ! 

 

A sesión foi un exito!

ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE CON NOAH

Estamos achegándonos ó final dunha maravillosa etapa compartida co noso auxiliar americano Noah Forslund. 

Para estes últimos días  con 1° e 2° de ESO  desplegou unha batería de xogos onde o alumnado traballou a súa  comprensión  e expresión  oral.

Tres anos con Noah e volveríamos a empezar de novo porque contaxia frescura, positivismo, dinamismo e alegría para aprender inglés  xogando.

 

Gracias Noah!

LETRAS GALEGAS. BAILAMOS CON MOITO RITMO

 

A ANPA do CPI plurilingüe de Castroverde trouxo ao centroa estas fantásticas bailarinas, cantantes e animadoras que nos fixeron bailar e pasalo moi ben. 

 

GRUPOS INTERACTIVOS EN SEXTO DE PRIMARIA

Neste terceiro trimestre fixemos tamén grupos interactivos en sexto de primaria. Esta vez contamos coa axuda dunha nai dun alumno doutra clase. Esperámos seguir a experiencia nos vindeiros cursos.

 

COMPARTIMOS O NOSO SABER E BO FACER ARTÍSTICO COAS NOSAS FAMILIAS

Na clase de 3 anos traballamos sobre as obras de Yayoi e Van Gogh e levamos os nosos cadros nun bonito libriño para compartilo coas nosas familias. Por medio de códigos QR podemos acceder ás obras de arte nas que nos inspiramos.

Distribuir contenido