HALLOWEEN CONTEST AND EXHIBITION

 

 

Agradecemos a colaboración das familias neste concurso e exposición de Halloween que seguimos podendo contemplar nas entradas de Infantil e Primaria e de Secundaria. Proximamente coñecesremos os gañadores do concurso de secundaria. 

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ABRAHAM PÉREZ, SACHO DE SEDA

O martes 31 visitaron o noso centro o escritor, Abraham Pérez, e mais o editor de Menino Morreu, Ângelo Pineda, para presentar o libro Sacho de seda. Faláronnos do que significa o fútbol xunto ca súa relación ca nosa realidade e os contextos sociais, foi unha xornada entretida e ben interesante.

ENCONTRO LITERARIO CON MARÍA SÁNCHEZ

Texto: Na materia de Lingua Castelá, estivemos traballando co libro Almáciga da autora María Sánchez. Nel a autora recolle unha serie de palabras do ámbito rural en risco de desaparecer e constrúe así o seu pebideiro de palabras, a súa almáciga. Nós, convidados pola autora, tamén estamos a procurar as nosas palabras-semente.

 

O próximo 2 de novembro falaremos con ela sobre este tema.

APADRIÑAMENTO LECTOR

O alumnado de 5 de E.P. inicia a súa actividade de "Voluntariado de lectura", apadriñando ao alumnado de 6 de E.I.

A actividade tivo lugar na aula de 6 de E.I. e consistiu en:

-Xogo de presentación (tea de araña) para coñecerse.

-Posta en común dos compromisos asumidos e sinatura dos mesmos.

 

-Lectura compartida.

Distribuir contenido