CONTO DE SAMAÍN: CORRE, CORRE, CABACIÑA

Na aula de 4 anos somos fans deste conto. Xa facía días que o alumnado o pedía, entón fomos á biblioteca en busca del.  O conto é: Corre, corre, cabaciña. Despois de ver o vídeo imnumerable de veces, pois decidimos facer unha tarefa. A idea deume o blog: @detresaseis e que eu modifiquei un  pouquiño.

CONTO DE SAMAÍN

Cando fomos á biblioteca tamén vimos este conto titulado: A pantasma da Illa de Cortegada. E como falaba de pantasmas e estamos no Samaín, pois para a nosa aula foi. Temos que dar a noraboa a Paula Carballeira, por que nos encantou este libro. A que non sabedes quen é Maruxa e Leonor? Pois teredes que ler o conto e ver este video.  Nel veredes imaxes dos debuxos que fixemos dunha páxina do conto que nos gustou moito. E como somos uns artistazxs, nós atrevémonos con todo e desta volta  somos "paulistas" (verbas do alumnado). Asique ollade o vídeo.

CHEGOU O DÍA

E chegou o día e vivimos a romería...!!!  Pois si... xa é o Samaín.  E para celebralo como máis nos gusta é pintando arañas con brilantes na cara e se nos queredes ver así de "terroríficos " tedes que premer no vídeo.

ARAÑAS DE SAMAÍN

Nesta ocasión, e aproveitando varias condicións que se daban na nosa aula : unha a chegada do Samaín, e a máis importante era que tiñamos unha araña de verdade na porta da nosa aula.  Pois entre todxs decidimos facerlle unhas amigas para que non estivera tan sola estes días. Entón pensando en que material poderíamos usar decidimos usar os tapóns dos bebibles que traen nas merendas e que levamos recollendo desde o ano pasado e que usamos para facer algúns murais e destas actividades para ver que se lles pode dar outro uso e reciclar.

ENCONTRO CON MARÍA SÁNCHEZ

O pasado 2 de novembro todo o alumnado da ESO tivo a oportunidade de falar coa autora María Sánchez sobre o seu libro Almáciga, co cal tiñan traballado previamente na clase. A autora tamén lles falou doutros temas como das súas outras obras Tierra de Mujeres e Cuaderno de Campo.

Distribuir contenido