Contamos contigo

Bocadillo Saudable

Un bocata de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que necesita para alcanzar todas as túas metas.

As conservas do mar son ricas en proteínas moi importantes para crecer e levan vitaminas B12 que é fundamental.

 

Nesta páxina explícate como facer uns bocatas saudables.

http://www.ponlleaspilasaoteubocata.com/

 

 

Os alumnos de primaria do CPI Castro Baxoi estiveron nun taller sobre como facer bocadillos saudables. Aprenderon moito e incluso probaron os seus propios bocadillos!

 

Feito por: Claudia Paz e Cristian Martínez

COMO CORRE PATRICIA POLA PRAIA CON NOS!!!!

 

 

Hoxe falamos con Patricia Cubillo a nosa profesora de música, que ademais tamén fai deporte para coidarse.

Patricia:

 

1- Como e por que comezaches a correr?

Con unha perna diante da outra (risas). Sempre fixen exercicio, comecei cando vin vivir para Miño, animoume Rosa Sierra e comezamos a ir xuntas.

2- Por onde che gusta máis correr, pola praia ou pola estrada?

Pola praia, a min encántame a natureza. Pola estrada non, nin de broma. Ademais co entorno que temos en Miño é un pecado non ir pola praia.

3- Porque comezaches a levar contigo alumnos a correr ?

Porque paréceme moi importante que fagan exercicio, ademais así non van sós e collen máis ganas.

4- Cal foi o primeiro alumno que foi a correr contigo?

Os primeiros foron Iago, que é o único deles que segue, Ángela e Noelia.

5- Cres que ó levalos contigo a correr melloran a relación profesor alumno?

Hombre claro”, falas moitas cousas e motívalos e anímalos e ademais “vente suar” (risas).

6- A que alumnos levas contigo?

Agora están vindo os alumnos de 3º de ESO, pero eu convido a vir a todo aquel que queira.

7- Cantos alumnos che gustaría que fosen a correr contigo?

Gustar, gustaríame que fosen todos.

8- Estás contenta de que haxa alumnos que queiran facer deporte?

Claro, moi contenta. O máis importante e ser regular, e dicir, comezar e seguir.

9- Comes saudable?

Si!, as veces non viñan mal menos doces.

10- Cal ou cales son as froitas que máis che gustan?

Ohj, encántanme todas as froitas. Fresa, plátano, cereixas, melón. É que me encantan moitas. Uff moitísimas.

11- É verduras cales son as que máis che gustan?

Tamén case todas. A única que non me vai son as coles de Bruxelas.

12- Cres que é bo comer de todo?

Si, claro!

13- Ti que prefires, unha dieta mediterránea ou unha vexetal?

Mediterránea e mediterránea! E sobre todo a vosa idade, sempre compretiña. Vexetal soa non.

14- Dende o teu punto de vista como dirías que están os alumnos da ESO deste colexio (con respecto á forma física e a saúde)?

Uff, bastante mal, non aguantan nada, menos os que fan sempre deporte. Non é normal que eu, sen ser nada especial, aguante unha hora e eles non. É que teñen moi pouca resistencia.

15- Cal é o teu deporte favorito?

Uff, moitos, todos os que sexan ó aire libre e na natureza.

16- Gustaríache ter podido practicar algún deporte na túa vida? Cal?

Si, artes marciais dende pequena, pero non puiden, así que tiven que facelo de maior.

17- Que importancia lle das ó deporte na túa vida?

Doulle a mesma que a outras cousas da vida cotiá como ler, cociñar... é dicir é imprescindible.

18- Que importancia cres que ten a familia no deporte?

É fundamental, como en todo, porque os fillos copian as actitudes dos pais. Se a familia leva unha vida sa o fillo probablemente o faga. E máis se iso comeza na infancia.

19- Por que cres que a xente non fai deporte?

Porque o deporte custa traballo, hai que sufrir para mellorar. O bo é que logo produce satisfacción e beneficios corporais e psíquicos. Pero nunca podemos pensar que en quince días imos facer unha maratón. Sempre hai que pensar a longo prazo, e tristemente estamos acostumados ó inmediato. Fai falla espírito de sacrificio.

20- Que opinas do que vende a televisión con respecto ó físico?

Que hai que fixarse menos nas modelos (90-60-90). Véndesenos unha imaxe como algo fácil de obter e importante. Dietas máxicas, pastillas, botox... Pero o importante non son esas medidas, se non o beneficio que produce a outros niveles que logo se reflicten en mellor imaxe. Pero o noso obxectivo é mellorar a saúde e atoparnos ben connosco.

Moitas grazas por prestarnos estes minutos para está entrevista.

 

Por: José Francisco Pita

As nosas peques de ximnasia rítmica

Hoxe imos darlle importancia a ximnasia rítmica. Aquí en Miño temos un club de ximnasia rítmica dirixido por Rosa Sierra Palmeiro (a nosa profesora de matemáticas).

 

Aquí unha pequena definición do que é a ximnasia rítmica.

 

É unha disciplina que combina elementos do ballet, ximnasia danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.

Neste deporte realízanse tanto competicións como exhibicións nas que a ximnasta acompáñase de música para manter un ritmo nos seus movementos. pódense distinguir dúas modalidades: a individual e a de conxuntos.



Hoxe imos facerlles unhas preguntas a algunhas das nenas que fan ximnasia rítmica e tamén a súa profesora Helena.

 

Imos comezar coas nenas: é a mais pequena delas.

 

Cal é o teu nome?

Chámome Daira.

 

Cantos anos tes?

Teño 3 anos e vou cumprir os catro.

 

Que é o que máis che gusta da ximnasia rítmica?

Xogar pola espuma.

 

Gústache a froita? Cal?

Si, a pera.

 

Agora imos coas grandes.

 

Cales son os vosos nomes?

Eva e Antía.

 

Cantos anos tedes?

12 e 11 anos.

 

Que é o que máis che gusta da ximnasia rítmica?

Que é divertido.

 

Gústache a froita? Cal?

Si, a fresa e a sandía, Antía e intolerante a froita.

 

Agora imos con Helena a súa profesora.

 

Ola Helena, como es a profesora das pequenas ímosche facer unhas pequenas preguntiñas.

 

Que é o que máis che gusta deste deporte?

Sen dúbida é a competición.

 

Porque elixiches dar clases de ximnasia rítmica a nenos pequenos?

Porque teñen moita capacidade de aprendizaxe.

 

Como te sentes ó saber que hai nenos que xa practican este deporte dende tan pequenos?

¿Que como me siento?” Encantada (risas), é un deporte aditivo, e polo menos así fan algo de deporte.

 

Comes saudable, é dicir froitas e verduras?

 

Si, moitas. Pero teño un gran defecto son unha gran apaixonada do chocolate e como moito (risas).

 

 

 

 

Por: J. Francisco. Pita

O fútbol sala femenino en Galicia

 

 

Hoxe gustaríanos falar sobre o fútbol sala femenino en Galicia. Pouca xente sabe dos grandes equipos que temos na nosa comunidade, e que están militando na primeira división. Temos ata 6 equipos xogando na máxima categoría. Ademais de outros tantos xogando en 2º división. ¡Ata temos unha liga autonómica!

É claro o gran momento que está a vivir o fútbol sala femenino en Galicia. Contamos con dous equipos en Ourense (Cidade Das Burgas e Ponte Ourense) un en Pontevedra (Poio Pescamar) dous en A Coruña (Viaxes Amarelle e Valdetires FSF) e un en Lugo (Burela Pescados Rubén) este último proclamouse campión de Liga na pasada campaña.

Este deporte é secundado pola xente e a prensa, pero persoalmente pensamos que debería ter máis apoio xa que se trata dun xogo moi apaixonante, divertido e emocionante ata o último segundo.

Así que xa sabedes se queredes xogar ao fútbol ou simplemente queredes pasar unha gran tarde vendo un partido de fútbol, non o dubidedes e pasádevos por un dos pavillóns de estos equipos.

 

Feito por: Claudia Paz e Cristian Martínez

Semana da froita na escola.

A clase de 4ºB de ESO comendo a rica froita.

Semana de froita na escola.

É tamén un dos varios proxectos que hai dentro do plan proxecta. Para que así saibades un pouco máis do que vai o proxecto

Descrición:

O obxectivo deste programa é potenciar a alimentación saudable entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo saudables. Partindo da concesión da axuda para distribuír froita no centro (modalidade "Froita escolar"), os equipos multidisciplinares de profesorado poden desenvolver actividades centradas nas prácticas de alimentación saudables que conformen un proxecto colaborativo integrado nas diversas programacións didácticas.

Nos para que vexades o importante que é, conseguimos que algúns alumnos e profesores do colexio nos deixasen sacarlles unhas fotos coa froita.

Miguel de 2º de ESO coas fresas para repartir ós seus compañeiros da clase.

 

Desiderio o profesor de E.F de primaria comendose unha rica fresa.

 

Claudia e Héctor de 4ºB de ESO coas peras para repartir coa sua clase.

Héctor de 4ºB de ESO collendo a froita para a sua clase.

O profesor Juan Beceiro de Educación Primaria, a profesora Carmen Sanchez de ingles en 1º e 2º de ESO e a xefa de estudos da ESO e profesora María Mendez de xeografía e historia comendo e incentivando os alumnos a comer froita.

 

Con Patricia Cubillo, a profesora de música comendo unha laranxa, ela tamén nos di que debemos comer moita froita e non larpeiradas.

Entrevista a Juan Tenreiro

 

Hoxe faremos unha entrevista a Juan Tenreiro, adestrador, ex-futbolista e presidente do Xarío FS.



1. En cantos equipos xogaste?

  Comencei  nun equipo de fútbol campo, logo fundei cuns amigos un        equipo de fútbol sala, o Alameda Xarío, fai 32 anos.

2. Que é o que máis che gusta do fútbol?

   O que máis me gusta na labor de adestrador é adestrar a nenos moi pequenos e logo ver que convertense en grandes xogadores e persoas.

3. Cantos anos tiñas cando comezaches a xogar?

  Empecei federado con 14 anos.

4. Cales son os teus mellores recordos no fútbol?

  Hai moitos! O meu debút, cando quedamos campións de Galicia, cando     fun convocado coa Selección Galega.

5. Por qué decidiches ser adestrador?

   Porque gústame ensinar, vín que tiña madeira e decidínme.

6. Cres que o fútbol de agora está sobrevalorado?

  Creo que sí, está sobrevalorado, sobre todo a nivel profesional.

7. Cantos anos levas sendo adestrador?

  Pffff mamasita!!! Penso que máis de 20 anos.

8. Que máis deportes che gustan? 

  Gústanme todos os deportes, pero en especial o baloncesto e o balonmano ademáis que practiqueinos a nivel escolar.

9. ¿Por qué non hai ningún equipo femenino en Miño?

  Pois porque nunca se xuntaron as nenas suficientes para facer un equipo. Sempre estivo aberto a facelo. En Miño, as nenas nunca tiveron interés polo deporte.

 

 

Aquí remata a entrevista a Tenreiro. Unha gran persoa, deportista e adestrador que de seguro todos coñecemos e témoslle un gran afecto, moitas grazas por atendernos e sobre todo por ensinarnos este gran deporte que é o fútbol.

 

         

 

Feito por: Claudia Paz e Cristian Martínez

Rapaces e rapazas que xogan ó fútbol no colexio.

Aínda que non o creades neste colexio, so na ESO, hai moitos rapaces que practican deportes, neste caso vamos facer unha listaxe dos rapaces e rapazas que practican fútbol. En negro van os rapaces que practican fútbol sala. En azul os rapaces que practican fútbol campo.

 

1ºA

José Manuel Leal

Cristian Salgado

Xavi García

 

1ºB

Diego Gonzalez

Iván Vázquez

Cristian Cancelo

Ismael Castro

Tino Bedoya

Adrián Agustín Vázquez

Pablo

José Miguel Salgado

 

 

2ºA

Rubén Huertas

Daniel Pájaro

Juan Temprano

Martín López

 

 

2ºB

David Pájaro

Diego Salazar

Martín Lago

Raúl Cernada

Marcos Banco

Iván Iglesias

Alejandro Gracía

 

 

3ºA

Iván Sánchez

Fernando Iglesias

Henrique Veiga

Eduardo Seijo

 

 

3ºB

Ninguén practica fútbol.

 

4ºA

Fran Doural

Pedro Luaces

Martín López

José Juan Fornos

 

4ºB

Claudia Paz

Así que xa sabedes, animadevos e facede deporte que moi bo.

J. Francisco. Pita.

ESPIÑEIRA, O NOSO DIRECTOR, PROFESOR DE EDUCACIÓN FÍSICA!!!

José Manuel Espiñeira Illobre, como xa sabedes é o noso director, ademais de dar informática e ciencias naturais, fai tempo tamén deu educación física.

 

Bos días Espiñeira, imos roubarche uns minutiños para esta entrevista. Comezamos.

 

1- Cantos anos levas de profesor?

Levo case 38 anos exercendo coma profesor.

 

2- E en Miño?

En Miño levo case 32 anos exercendo coma profesor.

 

3- Cantos anos estiveches dando clases de educación física?

Eu nunca din clase de Educación Física exclusivamente, só daba algunhas clases. Mais ou menos din esas clases 2 ou 3 anos xunto a outras materias.

 

4- Por que?

Porque a administración non nomeaba profesores de educación Física.

 

5- Antes de dar esas clases de educación física, de que eras profesor?

Era profesor de Ciencias Naturais, Matemáticas e algunha que outra vez tamén Galego.

 

6- Que che gusta máis, ser profesor de ciencias naturais ou de educación física?

As de naturais obviamente, eu son profesor de Ciencias da Natureza. O que si e que daba as clases de Educación Física porque me gustaba.

 

7- Ti levas unha vida saudable?

Eu cre que si, aínda que me gustaría facer máis deporte.

 

8- Cres que e bo comer froitas e verduras?

Creo que é bo, hai que comer moitas froitas e verduras, porque aportan nutrientes necesarios de máis calidade, para a saúde que os que teñen outros alimentos.

 

9- Cres que e bo comer de todo?

É moi bo comer de todo, educar as persoas dende a infancia para que teñan unha alimentación saudable. Isto é variada, equilibrada e completa. Tamén hai que aprender a comer.

 

10- Ti que farías para mellorar o índice de obesidade infantil que hai en España?

É responsabilidade de todos educar as persoas dende a infancia para que teñan unha alimentación saudable. Isto é variada equilibrada e completa. Tamén hai que aprender a comer.

 

11- Que dieta cres que é mellor: unha dieta mediterránea ou unha vexetariana?

Unha dieta mediterránea porque me parece que é máis completa, variada e equilibrada.

 

12- Practicas ou practicaches algún deporte na túa vida?

Si, practiquei moitos na miña vida.

 

13- Cal ou cales?

Xoguei ó tenis, ó baloncesto, ó fútbol e ó fútbol sala.

 

14- E ti que prefires Depor ou Celta?

A min gústanme todos so deportes, pero non son de grandes pasións futbolísticas. Se teño que elixir algún elixo o Depor, porque é o que máis cerca me queda... (risas)

 

15- Indo a equipos máis grandes que prefires Madrid ou Barcelona?

Repito o antes mencionado, é que eu non teño grandes pasións futbolísticas.

 

16- Cal é o teu piloto favorito de Formula 1?

Favorito favorito non teño ningún, pero o que máis me gusta é Fernando Alonso.

 

17- E de moto GP cal é o teu favorito?

Daniel Pedrosa, cáeme moi ben. Márquez... bueno tamén me parece moi bo.

 

18- Cal é o teu equipo favorito da NBA?

Dende sempre me gustaron os Lakers.

 

19- Cales son os teus xogadores favoritos de tenis?

Sen dubida Nadal e Féderer.

 

20- Cales son as túas froitas e verduras favoritas?

Gústame toda a froita por exemplo se tivese todas as froitas do mundo enriba da mesa elixiría as uvas, cereixas, fresas e algunha máis das que máis me gustan.

E verduras gústanme todas pero se son acelgas e espinacas teñen que ir acompañadas de algo.

 

21- Que cres que é mais san a carne ou o peixe?

Nas cantidades apropiadas as dúas son necesarias e sanas. O que pasa e que ó pescado atribúenselle certas propiedades referidas ás graxas, colesterol..., que resultan moi positivas cando forman parte da nosa dieta.

22- Cal che gusta máis?

Pois a min gústame máis o peixe, aínda que tamén me gusta a cerne.

 

 

Pois moitas grazas pola túa colaboración, que pases bo día.

 

Por: J.Francisco Pita e Claudia Paz.

MAÑÁ ATLETICA

 

Os nenos do CPI Castro Baxoi acudiron á fase zonal do Campionato Provincial de campo a través o Venres 24 de Enero pola mañá, nun sitio moi bonito de Cedeira o día estaba moi malo, nublado, vento e con ameazas de chuvia e frío.

 

Participaron apróximadamente case 100 nenos de Primaria e Secundaria unha loita aberta contra os elementos da natureza, agrupados en diferentes categorías: Benjamín, Alevín, Infantil e cadete (de entre 7 a 14 anos), acompañados dos profesores: Rosa, Francisco, Antón Desiderio.

 

Durou toda a mañá, no horario escolar dende as 9:00 a 14:00h. E as distancias a correr ían dende 700m a 1.500m según a categoría.

Clasificaciones más destacadas de todos los participantes do noso colexio:

 

Benjamín masculino:

1º.Nicolás López González

 

Benjamín feminino:

3ª.Inés Feal Soto

 

Alevín masculino:

2º.Esteban Feal Soto

3º. Javier López González

 

Alevin feminino:

7ª.Leticia Jul Costa

 

Infantil masculino:

3º.Diego González Pérez

4º.Carlos Augostu Do Carmo Silva

5º.Samuel Dopico Rodríguez

6º.Alberto Crespo López

7º.Adrián Blanco Aldinacosta

 

Infantil feminino:

3ª.Andrea Pérez Amado

6ª.Antía Casanova Varela

 

Cadete masculino:

1º.Martín Lago Fernández

2º.Eduardo Seijo De Bernardo

3º.Xavier García Caño

 

Cadete femenino:

1ª.Alba Romero Casares

2ª.Norbis Barrios Navas

3ª.Larah Agatha Monteiro

 

Todos eles están chamados a participar na fase comarcal que se celebra en Narón o sábado 8 de Febreiro do que informaremos puntualmente. Un saúdo.

 



 


 

 

 

 

Realizado por: Noryis Barrios y Héctor Franco

O DEPORTE E A SAÚDE.

Por : Óscar Soto y Sheila Míguez.

Distribuir contido