Skip to Content

2º Curso

PROPOSTAS DÍA DO LIBRO

A profe Elena deíxavos dúas propostas para festexar o día de hoxe.

Premendo na imaxe podedes acceder a elas.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODAS E TODOS.

 

FERMOSO ABRIL

Preme na imaxe para ver o vídeo creado coas vosas bailarinas e bailarín.

 

As profes estamos súper ilusionadas cos vosos traballos.SorrisoBesoRisa

Oleeeeeeeeee!!! 

Desexamos que disfrutedes co baile  das vosas personaxes.

Bicos mil en abril.

 

 

ACTIVIDADES SEMANA 14 AO 17 ABRIL

https://drive.google.com/open?id=1WlfbcHHxhz7KNnAo0D-sfcRcLBNUtZBU

No seguinte enlace pódense ver e descargar as actividades propostas para esta semana. Figura un documento coa temporalización e as carpetas das diferentes materias. En CC naturais e CC sociais propoñemos actividades online que nos ofrece Santillana.

DEBUXOS CORAZÓN FLOR

No documento adxunto pódese ver a actividade de plástica " Corazón Flor" baseada na obra de Romero Brito.

 Moitas grazas por mandarnos os vosos debuxos.

 Disfrutade moito das vacacións de Semana Santa. 

 Apertas de Sandra e Bea.

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES SEMANA 30 MARZO AO 3 ABRIL

Nos arquivos adxuntos pódese acceder a:

  • Secuenciación das actividades propostas para esta semana
  •  Fichas numeradas por materias 
  •  Suxerencia Libro lectura

As fichas de lingua galega están colgadas no apartado de Lingua galega, publicado con anterioridade.

Como indicamos noutras publicacións, son propostas de actividades para que o alumnado non se desvincule do ámbito escolar neste tempo. Insistimos que atentendendo sempre ás necesidades e particularidades de cada familia nestes momentos tan difíciles.

Moito ánimo e fortaleza.

Unha aperta moi grande.

 

PROPOSTA DE PLÁSTICA PARA COLGAR NA WEB

Boas a todas e todos:

Propoñémosvos que quenes desexen compartir a través deste medio a tarefa de plástica  "Corazón flor", podedes enviar a partir do luns unha foto ou escaneo da actividade ao correo do centro cpi.camino.santiago@edu.xunta.es

Debedes poñer no asunto do correo "Corazón flor",  no texto do correo debedes indicarnos nome e apelidos do alumno/a. Pola Lei de protección de datos e ao non contar con autorización expresa, pregamos que no traballo non figure visible o nome do/a alumno/a.

Esperamos os vosos debuxos para compartilos.

Unha aperta moi, moi grande.

ORIENTACIÓN PARA TEMPORALIZACIÓN ACTIVIDADES

No documento adxunto reflectimos a distribución das fichas por materias a realizar por días/semana.

Isto é unha recomendación. A realización das actividades dependerá da situación particular de cada familia, polo tanto insistimos en que non é necesario realizalas na totalidade.

No apartado ACTIVIDADES-ESCOLARES-2º, xunto coa proposta de temporalización figuran os enlaces ás diferentes materias.

PLÁSTICA

Poñemos á vosa disposición fichas de Plástica.

Desexando que este tempo no que non podemos asistir ao centro transcorra o mellor e máis axiña posible. 

Moita saúde e esperamos vervos pronto.

Apertas.

ACTIVIDADES VALORES

Poñemos á vosa disposición fichas de valores sociais e cívicos. Poden ser impresas ou realizadas nun caderno ou folios.

Desexando que este tempo no que non podemos asistir ao centro transcorra o mellor e máis axiña posible. 

Moita saúde e esperamos vervos pronto.

Apertas.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut