Skip to Content
 DESTAQUES

DÍA MUNDIAL DA RADIO

09/02/2023 12:28
Europe/Madrid

 

 

PONTE...NAS ONDAS convidounos a participar na 12ª edición do Día Mundial da Radio. O próximo luns día 13 de febreiro o alumnado de 4º EP vai participar falando sobre a Ponte Puñide, ponte romana no concello de O Pino.

 
Todas as emisións van poder seguirse a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com) a partir das 10.00 h.
 
 
FELIZ DÍA MUNDIAL DA RADIO ! RADIO E PAZ !

 

 

SOLICITUDE DE RESERVA ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS

 O alumnado de 4º ESO e o alumnado de 6º EI da EEI de Gonzar deben facer a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro para escolarizarse o vindeiro curso nos centros adscritos correspondentes. Premendo no seguinte enlace poden acceder á aplicación de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

No enlace https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf poden descargar o impreso da solicitude, igualmente está á súa disposición na secretaría  do noso CPI.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

TÍTULOS ESO 2019

Informamos que xa están dispoñibles na secretaría do centro para a súa recollida os títulos do alumnado que rematou a ESO no 2019.

AUTORIZACIÓNS SAÍDA CENTRO E TRANSPORTE

En documento adxunto poden descargar as autorizacións para a recollida do alumnado no centro e para o que faga uso do transporte escolar. É necesario presentalas na secretaría do centro antes do comezo das clases.

MENSAXES DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

LECTURAS DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Premer na imaxe para acceder ao Blog da Biblioteca, aparecen as lecturas recomendadas para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

TITORIAL PARA ACCEDER Á VIDEOCONFERENCIA CISCO WEBEX

Desde o inicio da pandemia o medio de reunión coas familias é a través de videoconferencia por CISCO WEBEX.

Deixamos un titorial facilitado pola XUNTA para o alumnado que aínda non estea familiarizado coa aplicación.

 

AUTORIZACIÓNS SAÍDA ALUMNADO CENTRO E BUS ESCOLAR

Antes do inicio das clases no mes de setembro (10 de setembro EI-EP e 16 de setembro ESO) deben de deixar cumprimentadas na secretaría as autorizacións para a recollida do alumnado no centro e no bus escolar.  Durante o mes de xullo o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.

Os impresos figuran en documento adxunto para poder descargalos, poderán solicitarse igualmente no centro.

BOLSAS NEAE 2023-2024

Desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para o alumnado que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

RECOMENDACIÓNS DE MATERIAL LÚDICO

22/12/2022 12:08
Europe/Madrid

Dende o Departamento de Orientación deixámosvos unha selección dos nosos xogos educativos favoritos para este Nadal.

Premendo nas imaxes da infografía poderedes atopar máis información de cada un deles. A maioría estarán dispoñibles nas xogueterías educativas de Santiago, onde seguro teñen outras opcións marabillosas que vos poderían gustar.

Animámosvos a botarlle unha ollada :)


Felices festas!

 

 
Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut