Skip to Content

Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (SECUNDARIA). LISTAXE PROVISIONAL

A continuación pasamos a publicar a lisatxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros.

O prazo de reclamación é ata o luns 16 de setembro.

 

Premede no seguinte enlace:

Listaxe provisional

REUNIÓN INFORMATIVAS COAS FAMILIAS

O equipo docente do CPI ten previsto realizar reunións informativas coas familias antes de comezar o curso:

LUNS 9 de setembro:

  • FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL 10:00 h no salón de usos múltiples (ao rematar reunión coas titoras de cada nivel).

 

MARTES 10 de setembro:

  • FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 12:00h no salón de usos múltiples (ao rematar reunión cos/as titores/as de cada nivel).

 

MARTES 10 de setembro:

  • FAMILIAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA E-DIXGAL: 12:30H no salón de usos múltiples (SÓ FAMILIAS de 5º de EP e  1º da ESO).

COMEDOR ESCOLAR 2019-2020

Publícanse:

Todas as familias, de alumnado admitido provisionalmente, deben recoller, na secretaría do centro, o modelo de autodeclaración (anexo II) e entregalo, debidamente cumplimentado, antes do venres 6 de setembro.

 

 

VALES PARA AXUDA COMPRA DE LIBROS 1º E 2º EP E MATERIAL ESCOLAR.

Vense de aprobar:

  • Por un lado, os vales de axuda de libros para 1º e 2º de Educación Primaria
  • Doutra banda, os vales de axuda para mercar material escolar.

Podedes poñervos en contacto co centro para retiralos.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS. LISTAXE DEFINITIVA

Acabamos de publicar a listaxe definitiva de beneficiarios do fondo solidario de libros en Educación Primaria.

Listaxe admitidos primaria

Listaxe excluídos primaria

 

As listaxes de ESO sairán publicadas no mes de Setembro.

AVISO IMPORTANTE SOBRE A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO!!

Todo alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria (sexan ou non beneficiarios do fondo de libros, incluídos os non solicitantes do mesmo) non deberá mercar libros de texto ata a publicación da listaxe definitiva de beneficiarios do fondo de libros que saíra o 17 de Xullo

Isto é debido a que no centro podería haber excedente de libros de texto nalgunha materia.

Lembramos que o alumnado de 5º de Educación Primaria non deberá mercar libros de texto porque o centro foi seleccionado no proxecto E-dixgal.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS. LISTAXE PROVISIONAL

A continuación achegamos as listaxes de excluídos no fondo solidario de libros.

O prazo de reclamación a estas listaxes será ata o martes 16 de Xullo.

Listaxe de excluídos de Educación Primaria

Listaxe de excluídos de Educación Secundaria

AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO

Vense de publicar no BOP axudas municipiais do apoio ao estudo para o curso 19-20 con destino a familias en situación de dificultade socio-económica.

Podedes consultar máis información na páxina web do Concello de Cuntis ou premendo na ligazón de abaixo:

 

http://www.concellodecuntis.es/index.php/nova/26-categoria-gl/novidades/1857-solicitude-de-axudas-ao-estudio-curso-2019-2020

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

Clicade na imaxe de abaixo para consultar os libros de texto para o curso 2019-2020.

FONDO LIBROS

A Consellería de Educación acaba de publicar o a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2019/2020.

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:

  • FONDO DE LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial , é dicir, todo o alumnado do centro.

OS DOCUMENTOS QUE HAI QUE PRESENTAR SON OS SEGUINTES (segundo o caso particular de cada familia)

  • ANEXO I e II da mesma convocatoria (que podedes recoller no centro ou descargalo de edu.xunta.gal ou da Sede Electrónica da Xunta: modelo ED330B.)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computable.
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que no pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitado.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

  • 21 de xuño de 2019

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Portal electrónico de Educación: edu.xunta.es/fondolibros
  • Sede Electrónica da Xunta
  • Centro educativo

PROCEDEMENTO:

  • Publicación de listas provisionais: 8 de xullo
  • Periodo de reclamacións: 9 - 10 xullo
  • Publicación de listas definitivas: 12 de xullo para E. Primaria e 13 de setembro para ESO.

NOTA: UNHA VEZ QUE SE PUBLIQUEN AS LISTAS DEFINITIVAS, AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA PODEREDES PASAR POLO CENTRO RECOLLER OS VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL E DE LIBROS DE TEXTO.

Distribuir contido


by Dr. Radut