Skip to Content

blogue desecretaria

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. PROTOCOLO COVID-19

 

Debido á situación sanitaria por causa da COVID-19, e seguindo o establecido polo Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19as normas que aplicaremos durante a celebración das probas extraordinarias de Setembro son as que seguen:

 

 

 

  • O alumnado debe asistir ás probas con máscara. Lembrade que en caso de non traela non vos podemos deixar acceder ao recinto escolar.

  • O alumnado debe traer todo o material necesario para a proba, fóra papel (bolígrafo, lapis, goma ou o que precisades para Educación Plástica, por exemplo). Ese material non pode ser compartido con compañeirxs (nada de “quen me deixa un tipex?”).

  • O alumnado agardará fóra do recinto a ser chamado polo profesorado encargado da proba. Accederá en fileira mantendo a distancia de seguridade.

  • Na entrada do centro haberá instalada unha mesa-Covid con xel desinfectante que deberá ser utilizado antes de entrar.

  • Para circular polos corredores do centro debe ser utilizado sempre o lado dereito e seguir a sinalización marcada no chan.

  • Chegadxs á aula, cada alumnx ocupará un lugar, do que non poderá moverse até acabar a proba. Se usa panos desbotábeis, deberá depositalos na papeleira-COVID que haberá nas aulas.

  • Na aula só o profesorado pode subir e baixar persianas, abrir xanelas ou apagar/prender luces.

  • Unha vez acabada a proba cada alumnx abandonará o centro respectando as indicacións anteriores.

  • Ante calquera dúbida sobre como actuar, preguntade ao profesorado antes de facer.

 

 

 

 

 

Polo ben de toda a comunidade, e pensando nas persoas de risco que conviven connosco, pedímosvos que colaboredes e tomedes con seriedade estas indicacións.

 


QUE IMOS COMER EN XUÑO?

Aquí podedes consultar os menús dispoñibles para este mes.

FONDO LIBROS

A Consellería de Educación acaba de publicar o a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2019/2020.

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:

  • FONDO DE LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial , é dicir, todo o alumnado do centro.

OS DOCUMENTOS QUE HAI QUE PRESENTAR SON OS SEGUINTES (segundo o caso particular de cada familia)

  • ANEXO I e II da mesma convocatoria (que podedes recoller no centro ou descargalo de edu.xunta.gal ou da Sede Electrónica da Xunta: modelo ED330B.)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computable.
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que no pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitado.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

  • 21 de xuño de 2019

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Portal electrónico de Educación: edu.xunta.es/fondolibros
  • Sede Electrónica da Xunta
  • Centro educativo

PROCEDEMENTO:

  • Publicación de listas provisionais: 8 de xullo
  • Periodo de reclamacións: 9 - 10 xullo
  • Publicación de listas definitivas: 12 de xullo para E. Primaria e 13 de setembro para ESO.

NOTA: UNHA VEZ QUE SE PUBLIQUEN AS LISTAS DEFINITIVAS, AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA PODEREDES PASAR POLO CENTRO RECOLLER OS VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL E DE LIBROS DE TEXTO.

Distribuir contido


by Dr. Radut