Skip to Content

Secretaría

Listaxes definitivas admisión alumnado 203-2024

Dende hoxe, as listaxes definitivas de alumnado para admisión no curso 2023-2024 xa se poden consutar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e telemáticamente a través da aplicación " admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025

No ano 2015 constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 educonvives.gal. Realizáronse enquisas de diagnose nos anos 2015, 2019 e 2021.

Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos.

Por iso o alumnado do centro hoxe leva unha carta na que figura unha clave coa que se pode acceder para facer a devandita enquisa. Só se fará unha enquisa por familia, aínda que haxa máis dun/ha irmán/irmá matriculado/a no Centro.

Este é o enlace para acceder directamente á enquisa: https://edu.xunta.gal/convfamil

Animádevos a participar.

Un saúdo,

O equipo directivo

Listaxes provisionais admisión alumnado 2023-2024

Dende hoxe, as listaxes provisionais de alumnado para admisión no curso 2023-2024, xa se poden consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e  telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Xornada de portas abertas

O Martes día 28 de febreiro haberá unha xornada de portas abertas para que as familias coñezan o centro no que os seus fillos e as súas fillas comezarán a súa andaina escolar.

Poden asistir ás 10:45 da mañá ou ás 16:00 horas pola tarde. 

Entroido 2023

Atoparedes os "Mandados do Meco" para a semana de entroido deste ano aquí.

Para ver o percorrido do festival do alumnado facede click aquí.

 

 

Libros de texto curso 22-23

Achegamos os librso de texto para o curso 22-23. PICADE aquí para consultar a listaxe.

AVISAMOS DE QUE NON SE DEBEN MERCAR OS LIBROS ATA QUE O CENTRO EDUCATIVO O INDIQUE.

 

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS

Segundo a normativa o prazo de reclamación ás cualificacións finais ante o centro educativo é de dous días hábiles contados dende o día seguinte á publicación das cualificacións da avaliación final.

Educación primaria:

  • Entrega das cualificacións: 22 de xuño ás 13:45 h. (abalarMóbil e boletín de cualificacións)
  • Prazo de reclamación ante o centro educativo: 23 e 27 de xuño.

Educación secundaria obrigatoria:

  • Entrega das cualificacións: 23 de xuño ás 17:00 h no abalarMóbil e 27 de xuño ás 10:00 h entregarase no centro educativo o boletín de cualificacións e demais documentación.
  • Prazo de reclamación ante o centro educativo: 27 e 28 de xuño.

Normativa de referencia:

Orde de 2 de marzo de 2021

Circular 1/2022

Orde do 25 de xaneiro de 2022

Modelos de reclamación:

Impreso de reclamación ante o centro educativo

Impreso de reclamación ante a Xefatura Territorial

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2022-2023.

O 18 de maio publicouse a convocatoria das axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. O prazo para solicitar ditas axudas abrangue dende o 19 de maio ata o 30 de setembro do 2022. A solicitude debe cubrirse online e, unha vez cuberta, xérase un documento PDF que deberá imprimirse para presentar no centro educativo.

Accede a toda a información clicando nos diferentes apartados.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

NOVO PROTOCOLO COVID E MEDIDAS A TOMAR NO CENTRO.

Achegamos tres novos documentos que se van aplicar na situación actual en relación a COVID 19: o novo protocolo covid aprobado o 14 de xaneiro, as medidas a tomar no centro na situación actual e o protocolo de con test rápido de antíxenos nos centros educativos.

Premede nas ligazóns:

Actualización do protocolo covid (14 de xaneiro)

Medidas de actuación no centro

 Protocolo de test de antíxenos

Distribuir contido


by Dr. Radut