Skip to Content

Secretaría

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO PARA A ADMISIÓN AO COMEDOR ESCOLAR

A continuación e premendo na imaxe podedes consultar a listaxe provisional de admitidos e de alumnado fóra de cupo do comedor escolar para o curso 2018-2019.

 

 

AXUDAS DE ESTUDIO ÁS FAMILIAS CON DIFICULTADES SOCIO-ECONÓMICAS

O concello de Cuntis ven de convocar axudas para o estudio a familias con dificultades económicas. Consultade a información premendo na imaxe.

 

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

O xoves 6 de setembro farase entrega, por parte dos titores, das notas e dos sobres de matrícula do curso 2018-2019 para o alumnado con materias pendentes.

O periodo de matrícula  remata o 10 de setembro. Prégase premura para realizar a mesma.

FONDO LIBROS. LISTAS DEFINITIVA DE BENEFICIARIOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

A continuación podedes consultar as listaxes de alumnado beneficiario do fondo de libros e do alumnado beneficiario dos vales para a adquisición dos mesmos.

- Libros:

Admitidos

Excluídos

- Vales:

Admitidos

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2018-2019

A continuación podedes consultar a listaxe de libros de texto do curso 2018-2019 premendo na imaxe.

LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO BENEFICIARIO DO BANCO DE LIBROS

A continuación adxuntamos uns documentos nos que podedes ver a relación de alumnado ao que lle corresponden os libros de préstamo.

 

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2018

Premede na imaxe para descargala.

 

MATRICULA 2018-2019

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle se entregou no centro coas notas.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

- Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 29 de xuño.

- Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar (Orde do 9 de maio de 2018- DOG do 21-05-2018procedemos a facer público o contido desta orde a todos os sectores da comunidade educativa.

Para o curso 2018-2019 o alumnado matriculado nos centros educativos públicos poderán beneficiarse das diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

1.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de EP e en 1º,2º, 3º e 4º da ESO, nos que se manterán os libros de texto do curso 2017-2018.

2.- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

3.- Axudas para a adquisición de material escolar: todo o alumnado matriculado en EP e ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 22 de maio ata o 22 de xuño. Podedes pasar a recoller os FORMULARIOS correspondentes pola secretaría do centro en horario de mañá, de 8,45 a 13,45 horas, na páxina do centro ou na páxina da xunta.

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO 2018-2019

O prazo de solicitudes de Admisión para o curso 2018-2019 abrangue dende o 1 até o 20 de marzo ( *de acordo co establecido na Disposición Adicional primeira da orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

O proceso de admisión pódese facer dende a Sede Electrónica da XUNTA seguindo as instruccións que aparecen neste enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B)

Podedes pasar pola secretaría do centro en horario de 8,45 a 13,45hs de luns a venres para recoller e entregar os documentos necesarios ou descargalos dende este enlace: FORMULARIO ADMISIÓN DO ALUMNADO. ANEXO II

Distribuir contido


by Dr. Radut