Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 2017-2018

O prazo de solicitudes de Admisión de alumnado para o curso 2017-2018 abrangue dende o 1 até o 20 de marzo (*de acordo co establecido na Disposición Adicional primeira da Orde do 12  de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

Podedes pasar polas oficinas do colexio en horario de 8,45 a 13,45hs de luns a venres para recoller e entregar os documentos necesarios ou descargalos dende este enlace: FORMULARIO ADMISIÓN DO ALUMNADO. ANEXO II

Tamén informamos que o vindeiro 7 de marzo ás 18,15hs faremos unha Reunión Informativa e visita polas instalacións do noso centro acompañados/as por profesorado e polo equipo directivo.

PROGRAMA DE BOLSAS PARA ESTUDAR EN CANADÁ.

O alumno do noso centro ALEJANDRO DONO PÉREZ solicitou unha bolsa do Programa de Becas de la Fundación Amancio Ortega que despois dunha proba escrita, á que se presentaron máis de 5000 alumnos, e dunha oral, que consistía nunha videoconferencia en inglés, conseguiu que lla concederan para cursar 1º de Bacharelato en Canadá.

Todas as persoas que conformamos a Comunidade Educativa do CPI Aurelio Marcelino Rey García estamos moi orgullosos por ter formado parte da túa vida e poder axudarche a conseguir unha meta tan importante, que de seguro vai ser unha grande oportunidade para acadar moitas outras. Moitos parabéns, Álex!

                                                       

Axuda aos/ás refuxiados/as. Recollida de roupa e alimentos

Despois da charla da semana pasada sobre a situación dos refuxiados, o alumnado e o profesorado do centro quedou moi sensibilizado co tema, por iso propuxeron colocar un posto de recollida de roupa e comida para enviarllela a través da ONG families4Peace e a Fundación Seur que traballan con eles.
A recollida de roupa e comida farase dende este martes 24 de xaneiro até o martes 7 de febreiro no posto que está na entrada do centro.

                                        

  Animádevos e colaborade. Grazas.

RESULTADOS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2016

Resultado das Eleccións celebradas o martes 29 de novembro de 2016 para a renovación parcial do Consello Escolar do centro:
 
Candidatos/as electos/as dos/as Nais/Pais ou titores/as legais:
 
Folgar Fernández, Francisco J.
 
Candidatos/as electos/as do Profesorado:
 
Rodríguez Rodríguez, María Isabel
Fernández Torre, Hortensia
Mosteiro Vicente, Ana Raquel
 
Candidatos/as electos/as do Alumnado:
 
Blanco López, Nicolás
Constenla Calvo, Ánxela
Lachhab, Mohamed
 
Candidatos/as electos/as do Persoal de Administración e Servizos:
Pérez Gago, Diego

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

O martes, 29 de novembro, teremos as Eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do centro.
A Xunta Electoral na súa última reunión estableceu os seguintes horarios de votación:

Alumnado: de 9,35 a 11,45 h. no corredor central.
Persoal de Administración e Servizos: de 15,30 a 17,30 h. no Salón de Actos.
Familias: de 16,30 a 20 h. no Salón de Actos.
Profesorado: ás 18,15 h. nun Claustro Extraordinario.

Así mesmo, tamén se proclamaron as candidatura definitivas, que son as seguintes:

Nais/Pais ou titores/as legais (1 vacante)
Camiña Pardal, María Carmen
Folgar Fernández, Francisco J.

Profesorado (3 vacantes)
Fernández Torre, Hortensia
Mosteiro Vicente, Ana Raquel
Rodríguez Rodríguez, María Isabel

Alumnado (3 vacantes)
Blanco López, Nicolás
Constenla Calvo, Ánxela
Couso Hermida, Lucía
Iglesias Rodríguez, Víctor Manuel
Lachhab, Mohamed

Persoal Non docente (1 vacante)
Diego Pérez Gago

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para a ESO

De acordo coas instruccións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 27 de abril de 2016- DOG do 16-05-2016) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Secundaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

En breve, entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario; tamén se fará entrega dos vales de axuda para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria e 2º e 4º de secundaria) así como dos vales de axuda para material escolar.

 Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro xoves 8 de setembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiples do noso centro a Reunión de Principio de curso para as familias do alumnado de Educación Infantil na que faremos a presentación do equipo docente e daremos conta de aspectos varios de interese para a escolarización dos nosos cativos e cativas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instruccións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 27 de abril de 2016- DOG do 16-05-2016) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Primaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de Educación Secundaria de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

Ao inicio do próximo curso, Setembro 2016, entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario; tamén se fará entrega dos vales de axuda para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria e 2º e 4º de secundaria) así como dos vales de axuda para material escolar.

 

 Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Podedes consultar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2016-2017 na porta principal do colexio ou no arquivo adxunto a este artigo.

AVISO IMPORTANTE. Lembrade que é recomendable NON mercar ningún libro de texto nin material escolar ata o mes de setembro cando todo o alumnado teña asignado o grupo e profesor/a correspondente. Graciñas.

Calendario de exames de setembro 2016

As Probas Extraordinarias de Setembro 2016 desenvolveránse o xoves 1 e venres 2 de setembro en horario de 8,45 a 14,45.

Podedes consultar o calendario destas Probas extraordinarias de setembro 2016 e os horarios dos respectivos exames e materias na porta do centro ou no seguinte arquivo adxunto. 

Distribuir contido


by Dr. Radut