Skip to Content

Secretaría

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2020-2021

Achegamos a listaxe de libros de texto para o curso 20-21.

LICITACIÓN DO SERVIZO DE CAFETARÍA

 

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de licitación da cafetaría do centro.

O prazo de presentación dos interesados  finaliza o día 23 de xuño de 2020 ás 14 horas.

Para máis información podedes contactar co centro educativo ou directamente co Servizo de Recursos Educativos Complementarios: nos números de telefóno: 886206619// 986805953//986 805951

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 20-21

Acabamos de publicar a listaxe provisional de admitidos para o curso 2020-2021.

Podes consultar esta listaxe no taboleiro de anuncios do centro ou poñéndose en contacto co centro no teléfono 886151222 ou no enderezo electrónico cpi.aurelio.marcelino@edu.xunta.es

O prazo de reclamación é ata o xoves de 11 de xuño.

SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

A Consellería de Educación acaba de publicar o a  ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:

  • FONDO DE LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria e  3º e 4º da ESO.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial , é dicir, todo o alumnado do centro.

*O alumnado incluído no proxecto de educación dixital (E- Dixgal) no curso 20-21(5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

OS DOCUMENTOS QUE HAI QUE PRESENTAR SON OS SEGUINTES (segundo o caso particular de cada familia)

  • ANEXO I e II da mesma convocatoria (que podedes recoller no centro ou descargalo de edu.xunta.gal ou da Sede Electrónica da Xunta: modelo ED330B.)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computable.
  • Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso, do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que no pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, se fose o caso.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitado, se fose o caso.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

  • Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Portal electrónico de Educación: edu.xunta.es/fondolibros
  • Sede Electrónica da Xunta
  • Centro educativo

PROCEDEMENTO:

  • Publicación de listas provisionais: 10 de xullo
  • Periodo de reclamacións: 13 - 14 xullo
  • Publicación de listas definitivas: 20 de xullo para E. Primaria e 14 de setembro para ESO.

 

APERTURA DE PRAZOS DO PERÍODO DE ADMISIÓN.

RESTABLÉCESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive.

A solicitude pódese presentar de xeito telemático a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se opta por presentar a solicitude de xeito presencial débese solicitar cita previa chamando ao número de teléfono do centro: 8861512 22 en horario de 8:45h e 13:45h.

É necesario garantir as esixencias sanitarias polo que se recomenda que unha soa persoa acuda ao centro a presentar a documentación debidamente cuberta e asinada. Para descargar a solicitude de admisión prema aquí.

Novos prazos do procedemento de admisión:

- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

- Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

- Prazo de reclamacións contra a listaxe provisional: 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

- Prazo de matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

- Prazo de matrícula ordinaria na ESO: do 1 ao 10 xullo de 2020.

- Prazo extraordinario de matrícula na ESO: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Pódese consultar a información completa na seguinte ligazón: Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020

TRAMITACIÓN DE AXUDAS A USUARIOS/AS DO COMEDOR. COVID 19.

INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DE AXUDAS DE COMEDOR CONSECUENCIA DO COVID-19

Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso son usuarios gratuítos ou semigratuítos dun euro no comedor escolar do centro.

O prazo de tramitación das solicitudes comeza o martes día 31 de marzo, e remata o luns 6 de abril, ambos os dous incluídos.

  • A solicitude deberá tramitarse obrigatoriamente a través da sede electrónica na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal utilizando a Chave 365 ou un certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
  • No caso de que non dispoñan de acceso electrónico ou Chave 365 ou similar, poderán solicitar a nosa colaboración:
    • Podedes enviar a solicitude (PREMER AQUÍ PARA DESCARGALA) ao centro educativo a través do noso enderezo electrónico (cpi.aurelio.marcelino@edu.xunta.es) engadindo como asunto do correo “Axuda Comedor”. Na mensaxe debedes facer constar a intención de solicitar a axuda e os vosos datos (Nome e apelidos do/s usuarios/as do comedor e dos seus proxenitores, DNI, e datos bancarios), para o que podedes utilizar o modelo de solicitude establecido pola Consellería.
    • As familias con máis dificultades de acceso electrónico podedes facer a solicitude mediante chamada telefónica en horario de 9:00 a 13:00 horas. O centro educativo poderá formular as preguntas que estime oportunas para verificar a identidade do interlocutor.
  • A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar.

 Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30697

 

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS. COVID 19.

Estimadas familias:

No tempo que dure a suspensión das clases, esteades atentos a información desta páxina web do centro, do TokApp e das outras canles de comunicación que establecera o profesorado cos vosos fillos/as.

Tamén informamos de que a entrada do RD de medidas de estado de Alarma, na súa disposición anual terceira, decreta a suspensión de prazos administrativos, polo que o proceso de admisión nas diferentes etapas educativas queda en suspenso ata que remate o estado de alarma. Premede para consultar nesta ligazón.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30568

Moito ánimo e paciencia.

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2020/21

Poñemos ao voso coñecemento a oferta de vacantes para o curso 2020/21.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. VEN A COÑECERNOS.

O CPI Aurelio Marcelino Rey García vai realizar unhas xornadas de portas abertas o xoves 27 de Febreiro en xornada de mañá e o luns 2 de marzo en xornada de tarde.

Animámosvos a coñecernos.

Para máis información picade na imaxe de abaixo.

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

A continuación achegamos o calendario escolar para o curso 2019-2020

 

Distribuir contido


by Dr. Radut