Skip to Content

ESO

Mes da Ciencia 2017. Charla sobre Incendios da USC

Na tarde do pasado martes 28 de Novembro o alumnado da ESO asistiu á derradeira sesión de actividades do Mes da Ciencia 2017. Rematamos este intenso mes de traballo cunha charla sobre os incendios a cargo do profesor Roque Rodríguez da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos e veredes algún dos momentos da xornada....

      

Mes da Ciencia 2017. Charla-Obradoiro Avespa Velutina

O pasado martes 21 de Novembro pola tarde o alumnado de 1° e 2° ESO asistiu á charla e ao obradoiro de trampas para avispas velutinas guiado pola asociación Stop velutina Umia, incluído nas actividades organizadas polo Mes da Ciencia do centro. Para levalo a cabo foi preciso que trouxeran da casa unicamente unha botella de plástico transparente (de cor non serven), de 2 litros ou mellor de 5 litros. Todas/os os/as participantes realizaron un bo traballo e tamén puideron ver un niño que trouxo o voluntariado de Protección Civil, polo que foi unha tarde moi aproveitada na que tomaron conciencia da grave problemática que supón esta especie invasora.

Coma sempre, visitade a nosa galería de fotos ou premede nestas imaxes para ver algunhas das curiosidades da tarde....

      

Obradoiro "Contamos todas"

Dentro do programa de obradoiros e charlas que, en colaboración co concello, estase a realizar neste mes de novembro con motivo do Dia internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu este luns ao obradoiro “Contamos todas”, no que o grupo “Tropa de trapo” dramatizou dúas historias: o compromiso das mulleres maiores dunha aldea de Allariz para aprender a montar en bicicleta, e o remate da guerra civil de Liberia grazas á acción das mulleres.

A continuación debateuse entre o alumnado sobre o machismo na sociedade actual, centrándose na situación de desigualdade de oportunidades, salarios, ...

Foi unha actividade moi interesante, e que gustou moito ao alumnado. Podedes botarlle un ollo ás fotos premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de imaxes...

CIENCIA OU MAXIA. EXPERIMENTOS PITEAS PARA A ESO

O pasado venres 17 de Novembro visitou o noso centro David Ballesteros, profesor de Bioloxía e Xeoloxía e colaborador de Piteas, que realizou experimentos relacionados coa Ciencia para todo o alumnado da ESO.

Foi un obradoiro moi interesante que encantou a todos os cursos e que podedes comprobar visitando a nosa galería de fotos ou premendo nestas imaxes...

         

Mes da Ciencia 2017. Saídas da Asociación ADEGA.

O pasado martes 14 de Novembro o alumnado de 2º e 4º ESO realizou dúas actividades organizadas pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O alumnado de 2º ESO, guiado pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía do centro e Ramsés o monitor de ADEGA, despois de ver e traballar a exposición de especies invasoras no centro, realizou un percorrido por todo o paseo fluvial de Cuntis para localizar as especies invasoras que alí existen, desprazando en moitos casos ás especies autóctonas. Por outra banda, o alumnado de 4º ESO, acompañado da profesora de Física e Química do centro e Paco tamén monitor de ADEGA, achegouse á beira do río ao seu paso polo centro da vila, para levar a cabo a anual inspección de outono do río Gallo. O resultado desta foi que conserva o bo estado dos últimos catro anos que levamos facendo esta actividade.

Foi unha tarde moi entretida, na que o noso alumnado amosou un grande interese pola conservación do medio. Premendo nestas imaxes, ou visitando a nosa galería de fotos, poderes ver algúns dos momentos máis significativos da xornada.

    

                          4º ESO                                                                    2º ESO     

Mes da Ciencia 2017. Visita José Viñas

O pasado martes 7 de novembro o alumnado de 3° e 4° ESO realizou un obradoiro, en dúas tandas, guiado por José Viñas, profesor de Bioloxía e Xeoloxía do IES David Buján de Cambre, coordinador do Club de Ciencia de dito centro e gran divulgador científico. O esquema do obradoiro foi o seguinte: Introducción á ciencia cidadá. Teoría e demostración; Novas tecnoloxías aplicadas a participación cidadá; Exemplos de participación cidadá; Participar nun proxecto de ciencia cidadá; Open Science. Empregaron a aplicación para móbil Epicollet 5 coa que puideron crear unha app de ciencia cidadá no momento e practicar con outras. 
Foi unha actividade moi interesante e innovadora como podedes ver premendo nestas imaxe...
 
     

Mes da Ciencia 2017. Exposición

O alumnado de 3° ESO visitou onte durante a clase de Bioloxía e Xeoloxía a exposición sobre especies invasoras ubicada no corredor principal do noso centro. Este alumnado traballou o contido da exposición coa axuda dunhas fichas que tiveron que cubrir e que foron elaboradas para tal efecto polo profesorado. Dita exposición foi cedida temporalmente pola asociación ecoloxista ADEGA e estará a disposición de quen visite o noso colexio até o vindeiro martes 14 de Novembro incluído. É moi recomendable adicar uns minutos do noso tempo a observar os seus paneis para descubrir a enorme cantidade de exemplares invasores tanto animais como vexetais que abundan na nosa paisaxe e que están desprazando ás especies autóctonas.

Coma sempre premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para botarlle un ollo á exposición.

        

Mes da Ciencia 2017. Visita á adega Terras Gauda.

O alumnado de 3° ESO e 3° PMAR que participa activamente nas actividades organizadas durante o "Mes da Ciencia" foi convidado a unha excursión á adega Terras Gauda (Tui) que tivo lugar o pasado luns 6 de Novembro, para realizar un “Obradoiro de Viticultura de Precisión” organizado polo CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas). O programa da saída foi moi completo (Ollos no aire sobre o cultivo da vide, os Drons,Xestiona o viñedo cunha tablet,As cores e a luz na vide,Descobre os mostos...) 

A excursión durou toda a mañá e aínda que foi moi apurada desfrutárona moito. Premede nas imaxes e veredes como foi a xornada... 

        

Mes da Ciencia 2017.Visita ás colmeas.1º ESO

O pasado martes 31 de Outubro arrancaron as actividades organizadas dentro da V edición do Mes da Ciencia coa visita do alumnado de 1° ESO ás colmeas do noso colaborador e veciño Xosé Torres. Con este motivo achegámonos até a parroquia de O Pazo dando un bo paseo desde o colexio e xa na súa casa poidemos ver in situ toda a súa labor como apicultor de ampla experiencia. Tamén nos falou de todo o mal que fan as vespas velutinas que se alimentan das abellas autóctonas, das trampas que fai para poder exterminalas e que non ataquen ás súas, e incluso probar o seu delicioso mel.

Foi unha tarde moi aproveitada e desfrutada polo alumnado como podedes ver nas seguintes fotos...

  

PRESENTACIÓN D'O CANTEIRO DE SEBIL

Na tarde de onte o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu á presentación do vídeo “O canteiro de Sebil”, realizado pola Asociación Quinteiro e organizado polo Departamento de Xeografía e Historia. Este documental narra a vida de Xohán Xesús González, veciño de Cuntis que viviu no primeiro terzo do século XX, e que destacou pola súa obra literaria e política, o que lle costaría ser asasinado polos fascistas en setembro de 1936.

Foi un luxo poder contar no noso centro con esta actividade grazas á colaboración do colectivo o Quinteiro que pon en valor cunha grande calidade a historia, porque a historia local é tamén a historia global. Grazas por compartir co noso alumnado o voso traballo.

Podedes botar un ollo ás fotos que fixemos desta actividade premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

           

Distribuir contido


by Dr. Radut